Roberto Blanco Valdés
Roberto Luis Blanco Valdés, nado na Estrada o 7 de novembro de 1957, é un profesor, escritor e columnista galego.
Roberto Blanco Valdés | |
---|---|
Nome completo | Roberto Luis Blanco Valdés |
Nacemento | 7 de novembro de 1957 |
Lugar de nacemento | A Estrada |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | xurista |
Pai | Mario Blanco Fuentes |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Fillo de Mario Blanco Fuentes, avogado e alcalde da Estrada. Catedrático de Dereito Constitucional e profesor do departamento de dereito Público e Teoría do Estado da Universidade de Santiago de Compostela. É articulista e analista político en diferentes medios de comunicación, como a Televisión de Galicia, a Radio Galega, La Voz de Galicia ou V Televisión.
Foi director de teses doutorais e de numerosos proxectos de investigación sobre cuestións de dereito político. Foi ademais, profesor nas Universidades de Georgetown e da Coruña, e investigador visitante na Universidade de La Sapienza en Roma, tendo pronunciado discursos en ámbalas dúas[1][2], e en universidades españolas e institucións europeas (como Dobbiaco, Bolonia, Trieste, Milán, Roma, Turín, Calabria, Padua, Siena, Messina, Pau, Berlín, Porto, Lisboa) e americanas (Washington, California, Irvine, México, Chile, Ecuador, Brasil, Guatemala, Colombia, República Dominicana)[2].
Especialista en Dereito de partidos, foi convocado como experto pola Comisión para el Estudio y la Investigación sobre financiamento dos partidos políticos, creada en 1995 no Congreso dos Deputados, e ten participado durante os últimos anos en multitude de foros institucionais, reunións e congresos sobre materias relacionadas coa súa especialidade[2].
É autor dúas ducia de publicacións sobre diferentes aspectos do dereito e da política e de máis dun cento de traballos publicados en libros colectivos e publicacións especializadas.[3].
ObraEditar
- Rey, Cortes y fuerza armada en los orígenes de la España liberal. 1808‑1823 (Siglo XXI, Madrid, 1988)
- La aflicción de los patriotas (Alianza Editorial, Madrid, 1988)
- La ordenación constitucional de la defensa (Tecnos, Madrid, 1988);
- Los partidos políticos (Tecnos, Madrid, 1990)
- AA.VV. (1991). Historia de Galicia (en castelán). Faro de Vigo. ISBN 84-404-9520-X.
- El valor de la Constitución (Alianza Editorial, Madrid, 1994)
- El problema americano en las primeras Cortes liberales españolas. 1810‑1814 (Universidad Nacional Autónoma de México, México D.F., 1995)
- Introducción a la Constitución de 1978 (Alianza Editorial, Madrid, 1998)
- Las conexiones políticas (Alianza Editorial, Madrid, 2001)
- La Constitución de 1978 (Alianza Editorial, Madrid, 2003)
- Nacionalidades históricas y regiones sin historia (Alianza Editorial, Madrid, 2005
- La Construcción de la autonomía gallega 1981-2007 (EGAP, Santiago, 2009)
- El Laberinto territorial español (Madrid, Alianza Editorial, 2014)
- Luz tras las tinieblas. Vindicación de la España constitucional (Alianza Editorial, 2018)[4]
NotasEditar
- ↑ Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. Tomo V. El Progreso. 2005. p. 252. ISBN 84-87804-07-1.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Universidade de Santiago de Compostela (ed.). "Roberto Luis Blanco Valdés. Área de Dereito Constitucional". Consultado o 13/08/2020.
- ↑ Perfil de Roberto L. Blanco Valdés con motivo do Premio Fernández-Latorre 2001 Arquivado 15 de setembro de 2019 en Wayback Machine. Consultado o 8 de febreiro de 2010.
- ↑ Seoane, Andrés (6/12/2018). "Una Constitución de libro". El Cultural. Consultado o 13/08/2020.