Robert Andrews Millikan
Robert Andrews Millikan, nado en Morrison, Illinois o 22 de marzo de 1868 e finado en San Marino, California o 19 de decembro de 1953, foi un físico estadounidense que gañou o Premio Nobel de Física en 1923 primordialmente polo seu traballo para determinar o valor da carga do electrón e o efecto fotoeléctrico. Tamén investigou os raios cósmicos
Traxectoria
editarEstudou nas universidades de Columbia, Berlín e Gotinga. En 1896 foi nomeado profesor de física na Universidade de Chicago. Abandonou a universidade en 1921 para asumir o cargo de presidente do Instituto tecnolóxico de California, en Pasadena.
Investigacións científicas
editarEstudou nun principio a radioactividade dos minerais de uranio e a descarga nos gases. Logo realizou investigacións sobre radiacións ultravioletas.
De 1910-1917, mediante o seu experimento de "a pinga de aceite", determinou a carga do electrón:1,602 × 10-19 culombios; a súa masa en repouso é: 9,109 × 10-31 kg.
A carga do electrón é a unidade básica de electricidade e considérase a carga elemental no sentido de que todos os corpos cargados estano cun múltiplo enteiro de devandita carga. O electrón e o protón posúen a mesma carga, pero, convencionalmente, a carga do protón considérase positiva e a do electrón negativa.
En 1916 procedeu a determinar a constante de Planck medindo a frecuencia da luz e a enerxía dos electróns liberados no efecto fotoeléctrico. Posteriormente dedicouse ao estudo dos raios cósmicos (como el os denominou), mediante experiencias efectuadas desde unha profundidade de 20 metros baixo a auga ata unha altura de 16.000 metros, para o que organizou expedicións científicas en Australia e na India. Experimentou desta forma o aumento da intensidade destes raios coa altura.
En 1923 foi galardoado co Premio Nobel de Física "polos seus traballos para determinar o valor de carga do electrón e o efecto fotoeléctrico.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Robert Andrews Millikan |