Robert L. Carneiro
Robert Leonard Carneiro, nado en Nova York o 4 de xuño de 1927 e finado o 24 de xuño de 2020, foi un antropólogo estadounidense e actual director do Museo Americano de Historia Natural.
Nome orixinal | (en) Robert Leonard Carneiro |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 4 de xuño de 1927 Nova York, Estados Unidos de América |
Morte | 24 de xuño de 2020 (93 anos) Nova Hampshire, Estados Unidos de América |
Educación | Universidade de Míchigan |
Actividade | |
Ocupación | antropólogo, escritor |
Membro de | |
Profesores | Leslie White (pt) |
Premios | |
Traxectoria
editarFillo de portugueses emigrados aos Estados Unidos, licenciouse en antropoloxía en 1949 na Universidade de Míchigan e doutorouse na mesma especialidade e na mesma universidade en 1957. Foi profesor da Universidade de Wisconsin entre 1956 e 1957 e posteriormente traballou vinculado ao Museo Americano de Historia Natural, en paralelo a diversos cargos como profesor visitante na Universidade de California, a Universidade de Victoria e na Universidade de Columbia.
Un dos máis importantes evolucionistas sociais[1], é coñecido maiormente pola súa teoría sobre a formación do estado, a teoría da circunscrición de Carneiro, que sostén que son as limitacións do contorno, as presións demográficas e os conflitos bélicos os que acaban por conformar os estados soberanos[2]. Ten feito tamén sobranceiras contribucións á teoría xeral da evolución cultural, como as que relacionan os resultados dos conflitos bélicos e a súa reincidencia cos ecosistemas en que tales enfrontamentos se producen.
Obra
editarAlgunhas das súas publicacións foron recollidas en libro:
- The Muse of History and the Science of Culture (2000).
- Evolutionism in Cultural Anthropology: A Critical History (2003).
- The Evolution of the Human Mind From Supernaturalism to Naturalism An Anthropological Perspective. (2010).
- Diary of a Football Handicapper (sobre o mundo das apostas deportivas) (2006)
Novela
editar- In Solemn Conclave (2004)
Notas
editar- ↑ Sanderson, S. K. 2007. Evolutionism and its Critics: Deconstructing and Reconstructing an Evolutionary Interpretation of Human Society. Boulder, CO: Paradigm. P.161-171
- ↑ Carneiro, R. L. 1970. A Theory of the Origin of the State. Science 169: 733–738