Robert J. Grant

director da Casa da Moeda dos EEUU (1923-1933)


Robert John Grant, nado en Springville, Nova Escocia, o 12 de novembro de 1862 e finado en Pasadena, California, o 24 de novembro de 1949, foi director da Casa da Moeda dos Estados Unidos entre 1823 e 1833.

Infotaula de personaRobert J. Grant

Robert J. Grant
Directora da Casa da Moeda dos Estados Unidos
(1923-1933)

Biografía
Nacemento12 de novembro de 1862
Springville.
Nova Escocia
Morte24 de novembro de 1949 Editar o valor em Wikidata (87 anos)
Pasadena
California
Datos persoais
País de nacionalidade Estadounidense
Actividade
OcupaciónAlto funcionario.

WikiTree: Grant-19630

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Robert J. Grant naceu o 12 de novembro de 1862 en Springville, condado de Pictou, Nova Escocia,[1][2] fillo de Christy Grant e de Peter James Grant. Alí asistiu a diversas escolas públicas.[3]

Trasladouse aos Estados Unidos nos inicios da década de 1880 e pouco despois acadou a naturalización como estadounidense.[4] Nos primeiros momentos traballou nunha empresa de artes gráficas en Boston, ao tempo que cursaba a súa educación secundaria.[2][3]

Carreira na minaría do ouro editar

Na súa Nova Escocia natal xa comezara a traballar nas minas de Stellarton[2], e a etapa máis longa da súa carreira profesional nos Estados Unidos desenvolveuse como enxeñeiro de minas. En 1892 alugou en Arizona a planta mineira de ouro Gold Bug Mine e dous anos despois traballou nunha mina en Aspen, Colorado.[1][3]

Entre 1886 e 1889 foi adxunto á xerencia doutros establecementos mineiros, como a Portland Gold Mining Company, en Colorado, ou a W. S. Stratton Independent Mine. En 1904 fíxose cargo da xerencia da Cosmopolitan Mine,[1] unha compañía británica na que tivo como socio o que máis tarde sería presidente do país, Herbert Hoover.[3]

Fóra dos Estados Unidos, Grant formou parte de prospeccións mineiras en México[3] e en Suráfrica.[4]

A súa derradeira actividade no sector da minaría foi como enxeñeiro na Colorado Pure Lead Corporation, entre 1917 e 1921, en Colorado.[1][3]

Dirección da Casa da Moeda dos EEUU editar

 
Robert J. Grant no seu despacho en 1923.

En 1921, o presidente Warren G. Harding nomeou a Grant superintendente da Casa da Moeda de Denver, e o seguinte presidente, Calvin Coolidge, ascendeuno en novembro de 1923 a director da Casa de Moeda dos Estados Unidos, cargo que desenvolveu ata maio de 1933.[2][3][5] Foi durante o seu mandato cando o Goberno tomou o control da exportación de ouro no país.[1]

Logo do seu labor á fronte da ceca pública estadounidense, Grant marchou á China, onde exerceu como asesor do Goberno daquel país en asuntos monetarios e da Casa da Moeda da China, e regresou aos Estados Unidos en 1941, por mor do seu delicado estado de saúde.[2][3][4][6]

En 1933 foi honrado cunha medalla emitida pola Casa da Moeda dos Estados Unidos, deseñada por John R. Sinnok.[1]

Vida persoal editar

Grant casou o 14 de xuño de 1894 con Leslie Hauyden.[1]

O 24 de novembro de 1949, Robert J. Grant finou en Pasadena, California,[1][2][3][7] no hospital Las Encinas Sanitarium, como consecuencia da doenza que o aqueixaba desde 1942.[4]

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Predecesor:
Frank Edgar Scobey
 
Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos

1923 - 1933
Sucesor:
Nellie Tayloe Ross