Robert Bárány, nado en Viena o 22 de abril de 1876 e finado en Uppsala (Suecia) o 8 de abril de 1936, foi un médico austríaco de orixe húngara.

Robert Bárány
Datos persoais
Nacemento22 de abril de 1876
LugarViena (Austria)
Falecemento8 de abril de 1936, 59 anos
LugarUppsala (Suecia)
SoterradoCemitério do Norte
ResidenciaAustria, Suecia
NacionalidadeAustríaca
Actividade
CampoMedicina
Alma máterUniversidade de Viena
Contribucións e premios
Coñecido porPolas súas investigacións sobre o aparello vestibular no oído interno
PremiosPremio Nobel de Medicina (1914)
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Realizou tódolos seus estudos en Viena até graduarse na facultade de medicina vienesa en 1900. Realizou prácticas de medicina interna, neuroloxía e psiquiatría en Alemaña. En 1903 comeza a práctica cirúrxica co profesor Politzer na clínica de oído do Hospital Xeral de Viena, onde permaneceu os seguintes 10 anos.

Bárány definiu as respostas normais e anormais a diferentes estímulos térmicos aplicados ó órgano da audición, enfocándose principalmente á función de labirinto e ós canles semicirculares do oído. Mediante as súas investigacións, describiu signos e síndromes, e creou probas para o estudo da función vestibular e a súa relación co cerebelo.

Como cirurxián, describiu procedementos para tratar a otosclerose e serviu como cirurxián durante a primeira guerra mundial, sendo pioneiro no tratamento das feridas por armas de fogo no cerebro. Foi feito prisioneiro de guerra e continuou a súa práctica cirúrxica durante a súa reclusión.

En 1914 foi galardoado co Premio Nobel de Medicina polos seus traballos na fisioloxía e patoloxía do aparello vestibular sendo aínda prisioneiro.

Non foi liberado até 1916, mediante a intervención de institucións e corpos diplomáticos. Trala súa liberación foi acusado de plaxio e omisión científica, e foi absolto destes cargos polo Instituto Karolinska. Viviu o resto dos seus días en Uppsala, Suecia, como profesor e xefe do servizo de otoloxía da Universidade de Uppsala, até a súa morte o 8 de abril de 1936.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar