Ribulosa
A ribulosa é unha cetopentosa, un monosacárido de cinco átomos de carbono (é unha pentosa), que ten no carbono 2 un grupo cetona (é unha cetosa)[1]. Presenta dous enantiómeros: D-ribulosa e L-ribulosa. O isómero D é o importante na natureza. D-ribulosa é o diastereoisómero da D-xilulosa. Os seus carbonos asimétricos son o 3 e o 4, ambos os dous cos OH á dereita, e o seu nome IUPAC é (3R,4R)-1,3,4,5-Tetrahidroxipentan-2-ona.
D-Ribulosa | |
---|---|
(3R,4R)-1,3,4,5-Tetrahidroxipentan-2-ona | |
Outros nomes D-eritro-2-Pentulosa | |
Identificadores | |
Número CAS | 488-84-6, (D) 2042027-5 (L) 5556-48-9 (DL) |
PubChem | 151261 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C5H10O5 |
Masa molar | 150,13 g mol−1 |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
Funcións
editarXunto coa frutosa e a sedoheptulosa é a cetosa máis importante.
Un derivado da ribulosa, a ribulosa-5-fosfato intervén na ruta da pentosa fosfato, onde pode isomerizarse a ribosa-5-fosfato, que se utilizará na síntese de nucleótidos.
Outro derivado fosfatado, a ribulosa-1,5-bifosfato é a molécula na que se fixa o carbono no ciclo de Calvin da fotosíntese.
A ribulosa é importante na síntese de diversas substancias bioactivas. Por exemplo, a D-ribulosa é un intermediato na vía de síntese do D-arabitol en fungos.
Unha forma sintética da ribulosa coñecida como sucrorribulosa pode atoparse atoparse nalgunhas marcas de edulcorantes artificiais como edulcorante secundario.
Notas
editar- ↑ Lehninger A. Principios de Bioquímica (1988).Omega. ISBN 84-282-0738-0