Ribitol
Ribitol ou adonitol é un azucre-alcohol de 5 carbonos cristalino coa fórmula C5H12O5, formado a partir da redución da pentosa ribosa. Aparece de forma natural na planta Adonis vernalis, e na parede celular de bacterias grampositivas (especificamente, como ribitol fosfato, nos ácidos teicoicos). No ser humano o ribitol é un produto final metabólico formado pola redución da ribosa en fibroblastos e eritrocitos [1]. Tamén forma parte da estrutura química da riboflavina e dos coencimas flavínicos flavín mononucleótido (FMN) e flavín adenín dinucleótido (FAD). En Escherichia coli, o D-ribitol pode actuar como inhibidor da L-arabinosa isomerase e da D-arabinosa isomerase.[2]
Ribitol | |
---|---|
D-ribitol | |
Outros nomes Adonit, Adonite, Adonitol, Adonitrol, Pentitol, 1,2,3,4,5-Pentanopentol, 1,2,3,4,5-Pentanol, (2R,3s,4S)-Pentano-1,2,3,4,5-pentol, Pentano-1,2,3,4,5-pentol | |
Identificadores | |
Número CAS | 488-81-3 |
PubChem | 827 |
ChemSpider | 10254628 |
KEGG | C00474 |
ChEBI | CHEBI:15963 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C5H12O5 |
Masa molar | 152,15 g mol−1 |
Punto de fusión | 102 °C; 216 °F; 375 K |
Perigosidade | |
Frases R | — |
Frases S | S22, S24/25 |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
Notas
editar- ↑ Human Metabolome Database
- ↑ "E. coli Metabolome Database". Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2018. Consultado o 12 de xuño de 2014.