Renfe Feve, coñecida simplemente como Feve,[1] é unha división comercial do operador ferroviario español Renfe Operadora encargada da explotación e xestión de distintos ferrocarrís de vía estreita e que opera nas comunidades autónomas de Galicia, Principado de Asturias, Cantabria, País Vasco, Castela e León e Rexión de Murcia.

Logotipo de Renfe Feve
Mapa das liñas rexionais e de proximidades
Coche motor serie 2900 de Renfe Feve

Dita división é a herdeira da entidade pública empresarial Ferrocarrís Españois de Vía Estreita (FEVE),[2] un operador ferroviario propiedade do Estado español fundado en 1965 e que se encargaba de explotar os devanditos servizos así como as estacións e as infraestruturas deles. Esta empresa desapareceu o 31 de decembro de 2012 a causa do plan do Goberno para a unificación dos operadores estatais de vía ancha e estreita.[3]

Historia

editar
 
Ferrocarril Santander-Liérganes.

A actual división comercial de Renfe Operadora procede orixinalmente dos extintos Ferrocarrís Españois de Vía Estreita (FEVE), unha entidade pública empresarial creada durante a ditadura franquista para facerse cargo do gran número de liñas de vía estreita que a principios dos anos 1960 foron a parar a mans do estado.[4] Do mesmo xeito que RENFE fora creada para facerse cargo de todas as liñas de ancho ibérico, durante case cincuenta anos FEVE fixo o propio coas liñas de vía estreita que pasaron a ser xestionadas polo estado. O 20 de xullo de 2012 aprobouse o Real Decreto-lei 22/2012, polo cal se ditou que FEVE quedaría extinguida o día 31 de decembro de 2012 e traspasouse a Adif o control e mantemento das infraestruturas, mentres que Renfe Operadora ocuparíase da explotación dos trens.[5] Desta forma unificáronse as redes nacionais de vía ancha e vía estreita. Na práctica, Renfe segue usando a marca Feve para referirse a todos os servizos ferroviarios que herdou da anterior compañía.

A actual Renfe Feve está especializada en transporte de mercadorías e rexional e de proximidade de pasaxeiros. O servizo estrela da compañía é o tren turístico de luxo Transcantábrico, que funciona desde 1982. Realiza o traxecto Santiago de Compostela (en autobús ata Ferrol)-Ferrol-Bilbao-León.

Servizos

editar

Servizos de proximidades

editar

A maioría do tráfico de FEVE concentrábase en pasaxeiros de proximidades, sendo o núcleo con maior número de usuarios o de Asturias, mentres que as liñas con máis tráfico eran as correspondentes a Cantabria, con preto de 2 millóns de usuarios cada unha.

Feve ten 6 liñas de proximidade en Asturias, que enlazan coas tres de Renfe. Estas liñas son as seguintes:

  • F4: Xixón-Cudillero
  • F5: Xixón-El Berrón-Laviana
  • F6: Oviedo-El Berrón-Infiesto Apeadero
  • F7: Oviedo-Trubia-San Esteban de Pravia
  • F8: Baiña-Mieres-Collanzo
  • F9: Xixón-Oviedo-Trubia
  • S1: Santander-Cabezón de la Sal
  • S2: Santander-Liérganes
  • B1: Bilbao-Concordia - La Calzada
  • L1: León-Cistierna-Guardo Apeadero
  • C1: Cartaxena-Los Nietos

Rexionais e interrexionais

editar

Trens turísticos de luxo

editar
 
Transcantábrico na estación de Liérganes, en Cantabria.

Transcantábrico

editar

O Transcantábrico é un servizo turístico de luxo que circula entre os meses de marzo e outubro. Existen dúas circulacións, iniciando cada unha o seu percorrido en León e Santiago de Compostela, respectivamente, cada semana. A viaxe ten unha duración dunha semana, visitando con todas as comodidades os principais atractivos turísticos do norte peninsular. Hai dous tipos:

Tren Al Andalus

editar
  • Itinerario Andalucía: Sevilla-Córdoba-Baeza-Úbeda-Granada-Ronda-Xerez da Fronteira-Cádiz
  • Itinerario Ruta Estremeña: Sevilla-Zafra-Mérida-Cáceres-Monfragüe-Toledo-Aranjuez-Madrid
  • Itinerario Camiño de Santiago: Madrid-Santiago de Compostela

Expreso de La Robla

editar
  • Itinerario de La Robla: Bilbao-León
  • Itinerario Paraiso Verde: Bilbao-Oviedo

Material rodante

editar

Locomotoras

editar
Modelo Imaxe N° de serie Fabricante Ano Notas
Serie 1000   1021-1063 Alsthom, Levallois-Perret 1955 Algunhas transformadas en Serie 1900.
Serie 1100 1101-1121 Creusot - SECN, Sestao anos 1950
Serie 1200 1201-1210 Batignolles - CAF, Beasain anos 1950 Adquiridas polo Ministerio de Obras Públicas para varias compañías de vía estreita, despois usadas por FEVE.
Serie 1300 1318-1325 SECN, Sestao 1966 A 1322 está exposta en Cistierna.[6] Vehículo de manobras.
Serie 1400   1421-1425 Henschel, Electro-Motive Division 1956 - 1959
Serie 1500   1501-1510
1511-1515
General Electric, Eire
Babcock & Wilcox, Sestao
1964
1974
Coñecidas como GECo.
A 1514 vendida a Arxentina.[7]
Serie 1600   1651-1660 M.T.M., Barcelona 1981 Baixo licenza Alsthom.
Serie 1900   1901-1917 FEVE, El Berrón
CAF-Sunsundegui, Altsasu
2002 Reconstruídas a partir das Serie 1000.

NOTA: En letra grosa, modelos que continuaban en activo cando desapareceu a antiga compañía.

Automotores

editar
Modelo Imaxe N° de serie Fabricante Ano Notas
Serie 2000 2001-2006
2011-2029
Ferrostaal 1957 Adquiridas polo Ministerio de Obras Públicas para varias compañías de vía estreita, despois usadas por FEVE.
Serie 2100   2101-2104
2111-2131
2141-2145
Billard 1957
Serie 2200 2201-2202 MAN 1955
Serie 2300   2301-2373 MAN 1966
Serie 2400   2401-2479 MTM, Barcelona 1983 Adquiridos por FEVE para outras liñas. Varios vendidos a Costa Rica.[8]
Serie 2500 2501-2551 MTM, Barcelona 1988 Reformadas e integradas á Serie 2400 como 2401 e 2451.
Serie 2600   2601-2624 CAF-Sunsundegui, Altsasu 1994 Fabricados a partir da reconstrución de unidades da serie 2300.
Serie 2700   2701- CAF-Sunsundegui, Altsasu 2009 Modelo de nova construción. 23 unidades encargadas.[9]
Serie 2900   2901- CAF-Sunsundegui, Altsasu 2009 Modelo de nova construción. Derivado do 2700.

Unidades eléctricas

editar
Modelo Imaxe N° de serie Fabricante Ano Notas
Serie 3300   3301-3323 CAF-Sunsundegui 2009 Formaron parte da serie 3500, pero quitouse o coche intermedio creando este nova serie.
Serie 3500   3516-3537 CAF-Sunsundegui 1977
Serie 3600   3601-3624
3625-3642
CAF-Sunsundegui 2000 Fabricados a partir da reconstrución de unidades da serie 2300.
Serie 3800   3801-3816 CAF-Sunsundegui 1992

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar