Reinhold Friedrich Hensel

zoólogo e paleontólogo alemán

Reinhold Friedrich Hensel, nado o 1 de setembro de 1826 en Adelnau preto de Brieg (hoxe Brzeg, Polonia), e finado o 6 de novembro de 1881 en Oppeln (hoxe Opole, Polonia), foi un paleontólogo e zoólogo alemán especializado en mastozooloxía.

Infotaula de personaReinhold Friedrich Hensel
Nome orixinal(de) Reinhold Hensel Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de setembro de 1826 Editar o valor em Wikidata
Odolanów (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte6 de novembro de 1881 Editar o valor em Wikidata (55 anos)
Opole (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor em Wikidata
Formación profesionalDoutor en Bioloxía
EducaciónUniversidade de Breslau Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Brasil Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónherpetólogo , mastozoólogo , zoólogo , profesor universitario , paleontólogo , coleccionista de animais Editar o valor em Wikidata
EmpregadorAcademia de Ciencias en Berlín
Membro de
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaHensel Editar o valor em Wikidata
Arquivos en

Ambas as localidades naquelas datas formaban parte do Reino de Prusia, no Imperio alemán.

Traxectoria editar

Hensel foi ao gymnasium (instituto) de Santa Isabel de Breslau (hoxe Wroclaw) onde fixo o bacharelato, interesándose xa alí pola zooloxía, graduándos como bacharel en 1846. Estudou na universidade desta cidade, alcanzando o título de doutor en 1852 coa lectura da súa tese Das leitende Princip der systematischen Zoologie (O principio director da zooloxía sistemática), publicada como Die Bedeutung der Entwicklungsgeschichte für die systematische Zoologie (A importancia da historia do desenvolvemento para a zooloxía sistemática), anticipando as teses de Ernst Haeckel sobre o paralelismo da ontoxenia e a filoxenia.

De 1850 a 1860 foi profesor de ciencias naturais en centros de ensino secundario en Berlín. Ademais, continuou traballando na zooloxía, en particular realizou estudos comparados sobre os cranios dos mamíferos nativos (especialmente carnívoros) e gañou a reputación dun excelente experto en dentes e esqueletos de mamíferos (incluídos mamíferos fósiles).

Dado que padecía de problemas cardíacos desde había xa moito tempo, e atraído pola natureza, aceptou a oferta da Academia de Ciencias en Berlín para ir ao sur do Brasil como zoólogo para a recolección de espécimes, preto da colonia alemá existente en Porto Alegre (provincia de Rio Grande do Sul). Enviou a súa colección de cranios de mamíferos ao Museo de Historia Natural de Berlín, e unha viaxe que tiña previsto facer ao sur, até Paraguai, onde tamén quería visitar os ricos xacementos de mamíferos fósiles, non se materializou debido á guerra da Tripla Alianza. Publicou os seus resultados nunha serie de artigos até 1872. En 1867 foi nomeado profesor de zooloxía na Academia Forestal de Proskau. Cando a Academia Forestal se disolveu en 1881, retirouse, pero morreu ao pouco tempo pola súa enfermidade cardíaca despois de sufrir varios ataques.

Entro outras especies, describiu o felino Leopardus guttulus.[1]

Publicacións editar

  • Die Bedeutung der Entwicklungsgeschichte für die systematische Zoologie. Nischkowsky, Breslau 1852.
  • Übersicht der fossilen und lebenden Säugetiere Schlesiens. Denkschriften Schlesische Gesellschaft zu Breslau 1853, S. 239–250.
  • Beiträge zur Kenntnis fossiler Säugetiere, Insectenfresser und Nagethiere der Diluvialformation. In: Zeitschrift der deutschen geologischen Gesellschaft, Band 7, 1855, 458–501, Band 8, 1856, S. 279–290, 660–702.
  • Über Hipparion mediterraneum. In: Abhandlungen. Königliche Akademie der Wissenschaften Berlin 1860.
  • Beiträge zur näheren Kenntniß der brasilianischen Provinz São Pedro do Rio Grande do Sul. In: Zeitschrift der Gesellschaft für Erdkunde zu Berlin. 2. Band. Reimer, Berlin 1867, S. 227–269, 342–376, Tafel III Die deutschen Colonien im Urwald der Brasilianischen Provinz Rio Grande do Sul (Commons).
  • Beiträge zur Kenntnis der Säugetiere Süd-Brasiliens. In: Berliner Akademische Abhandlungen, Berlin: Dümmler 1872, S. 1–132.
  • Singende Meerschweinchen. In: Der Zoologische Garten, Band 19, Frankfurt 1878, S. 184–186.
  • Über Homologien und Varianten in den Zahnformeln einiger Säugetiere. In: Gegenbaur’s morphologisches Jahrbuch, Band 5, 1879, S. 529–561.

Honores editar

En 1853 foi elixido membro da Academia alemá das ciencias naturais Leopoldina.[2]

Abreviatura editar

A abreviatuta Hensel emprégase para recoñecer a Reinhold Friedrich Hensel como autoridade da descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas editar

  1. Hensel, R. (1872). "Beiträge zur Kenntniss der Säugethiere Süd-Brasiliens". Physikalische Abhandlungen der Königlichen Akademie der Wissenschaften zu Berlin (1873): 1–130. 
  2. Entrada de Reinhold Friedrich Hensel Arquivado 05 de xuño de 2020 en Wayback Machine. na Leopoldina. Consultada o 5 de xuño de 2020.