Rei Artur: A lenda de Excálibur
Rei Artur: A lenda de Excálibur (en inglés: King Arthur: Legend of the Sword) é un filme de 2017 de aventuras e fantasía escrito e dirixido por Guy Ritchie. Foi coescrito por Ritchie, Joby Harold e Lionel Wigram, e está inspirado polas lendas artúricas. Está protagonizado por Charlie Hunnam no papel da personaxe principal e Jude Law como o tiránico rei Vortigern que tenta matalo, xunto con Àstrid Bergès-Frisbey, Djimon Hounsou, Aidan Gillen e Eric Bana nos papeis secundarios.[6]
Rei Artur: A lenda de Excálibur | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | King Arthur: Legend of the Sword |
Director | Guy Ritchie |
Produtor |
|
Guión |
|
Intérpretes | |
Música | Daniel Pemberton |
Fotografía | John Mathieson |
Montaxe | James Herbert |
Estudio |
|
Distribuidora | Warner Bros. Pictures |
Estrea | TCL Chinese Theatre: 8 de maio de 2017 12 de maio de 2017 19 de maio de 2017 15 de xuño de 2020 (TVG) |
Duración | 126 minutos[2] |
Orixe | Estados Unidos[3] Reino Unido[3] Australia[3] |
Orzamento | 175 millóns de dólares[4] |
Recadación | 148,7 millóns de dólares[5] |
Na rede | |
http://kingarthurmovie.com | |
|
King Arthur estreouse no TCL Chinese Theater o 8 de maio de 2017 e nos cinemas dos Estados Unidos o 12 de maio de 2017, e nos do Reino Unido o 19 de maio de 2017. O filme recadou 148 millóns de dólares en todo o mundo sobre un orzamento de 175 millóns, coa crítica "avisando ás audiencias de manterse lonxe".[7] Orixinalmente, o filme ía ser o primeiro dunha franquía de seis filmes, mais as secuelas foron canceladas despois da mala acollida na recadación e a perda de Warner Bros. e Village Roadshow Pictures de máis de 150 millóns de dólares.[8][9]
Estreouse en galego o 15 de xuño de 2020 a través da TVG.[10] Foi traducido por Manuel Arca Castro.
Personaxes
editar- Charlie Hunnam como Rei Artur
- Àstrid Bergès-Frisbey como a Maga
- Djimon Hounsou como Sir Bedivere
- Aidan Gillen como Goosefat Bill Wilson
- Mikael Persbrandt como Greybeard
- Jude Law como Vortigern
- Eric Bana como Uther Pendragon
- Annabelle Wallis como Maggie
- Kingsley Ben-Adir como Sir Tristan "Wet Stick"
- Neil Maskell como Back Lack
- Freddie Fox como Rubio
- Katie McGrath como Elsa
- Lorraine Bruce, Eline Powell e Hermione Corfield como as tres sereas
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Variety Insight (ed.). "Film releases". Arquivado dende o orixinal o 1 de abril de 2017. Consultado o 11 de novembro de 2017.
- ↑ AMC Theatres (ed.). "King Arthur: Legend of the Sword". Consultado o 28 de abril de 2017.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 AllMovie (ed.). "King Arthur: Legend of the Sword (2017)". Consultado o 12 de maio de 2017.
- ↑ Faughnder, Ryan (9 de maio de 2017). "'King Arthur: Legend of the Sword' poised for soft box office opening as 'Guardians' rules". Los Angeles Times.
- ↑ Box Office Mojo (ed.). "King Arthur: Legend of the Sword (2017)". Consultado o 24 de setembro de 2017.
- ↑ Jenkins, Mark (11 de maio de 2017). "'King Arthur: Legend Of The Sword': An Edgy Script, Dulled By CGI". NPR. Consultado o 17 de maio de 2017.
- ↑ "'King Arthur's Head Cut Off With $14.7M Opening As 'Snatched' Swims To $17.5M in A 'Guardians'-Ruled Mother's Day Weekend". Deadline Hollywood. 15 de maio de 2017. Consultado o 15 de maio de 2017.
- ↑ McClintock, Pamela (15 de maio de 2017). "Box-Office Meltdown: 'King Arthur' Could Lose $150M After Falling on Its Sword". The Hollywood Reporter.
- ↑ "Plans for King Arthur franchise are 'dead'".
- ↑ Versión en galego (ed.). "Rei Artur: A lenda de Excálibur na TVG". Consultado o 28 de xuño de 2021.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Rei Artur: A lenda de Excálibur na IMDb (en inglés).
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)