Raymond Albert Kroc, nado en Oak Park (Illinois) o 5 de outubro de 1902 e finado en San Diego (California) o 14 de xaneiro de 1984, foi un empresario estadounidense. En 1954 asociouse cos irmáns Richard e Maurice McDonald para supervisar a expansión nacional da hamburguesería McDonald's, e en 1961 fíxose co control total da empresa. Aínda que non é o fundador de McDonald's, si foi o responsable de que crecese ata converterse na primeira cadea de comida rápida en número de restaurantes.[1]

Infotaula de personaRay Kroc

(1976) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(en) Raymond Kroc Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Raymond Albert Kroc Editar o valor em Wikidata
5 de outubro de 1902 Editar o valor em Wikidata
Oak Park, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte14 de xaneiro de 1984 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
San Diego, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Parada cardiorrespiratoria Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaEl Camino Memorial Park (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaOak Park (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónOak Park and River Forest High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEmprendedor, negocio e restaurante de fast food (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupacióngastrónomo , vendedor (pt) Traducir , escritor , empresario , emprendedor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1954 Editar o valor em Wikidata -
EmpregadorPrince Castle (en) Traducir
McDonald's
Lily-Tulip Cup Company (en) Traducir
Cruz Vermelha Americana (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Republicano Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeJoan Kroc (en) Traducir (1968–1984) Editar o valor em Wikidata
PaiAlois Kroc (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm4669566 Discogs: 4209799 WikiTree: Kroc-2 Find a Grave: 3207 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Ray Kroc naceu en Oak Park, nunha familia de emigrantes checos de clase traballadora. Durante a primeira guerra mundial falsificou a súa idade para facer un curso de condución de ambulancias na Cruz Vermella, en que coincidiu co aínda descoñecido Walt Disney, mais nunca foi enviado á fronte.[2]

Sen formación académica máis aló do instituto, tivo que dedicarse a distintos negocios ata que nos anos trinta se especializou na venda grosista de vasos de papel.[3] Posteriormente montou a súa propia empresa de vendas, Prince Castle Sales, e comezou a comercializar máquinas de batidos para restaurantes.[1] Non tivo éxito empresarial ata os 52 anos, cando impulsou as franquías de McDonald's.[2][3]

Casou con Ethel Fleming (1922-1961) e con Jane Dobbins (1963-1968), divorciándose de ambas.[4] En 1969 contraeu matrimonio con Joan Kroc, da que nunca se separou e á que doou toda a súa fortuna. Ambos residiron nunha mansión en Beverly Hills e posteriormente en La Jolla, San Diego.[1]

No plano político sempre apoiou ao Partido Republicano. En 1972 doou 255 000 dólares á campaña de reelección de Richard Nixon. O senador Harrison A. Williams denunciou que con devandita doazón pretendía evitar unha proposta de lei sobre salario mínimo.[5] Tamén destacou pola súa filantropía: doou cartos á investigación de enfermidades e en 1974 impulsou a creación da Fundación Infantil Ronald McDonald. A súa esposa Joan Kroc legou máis de 200 millóns da herdanza á radio pública NPR.[6]

Os últimos anos de Ray Kroc estiveron marcados por un infarto e unha rehabilitación por alcoholismo.[1] O empresario fleceu nun hospital de San Diego aos 81 anos, vítima dunha insuficiencia cardíaca, e foi enterrado no cemiterio El Camino de Sorrento Valley. A súa fortuna está estimada en máis de 500 millóns de dólares.[1]

O auxe de McDonald's editar

 
O McDonalds de Des Plaines, aberto en 1955, foi o primeiro controlado por Kroc. Alberga o museo da empresa.

En 1954 Ray Kroc coñeceu os irmáns Richard e Maurice McDonald, propietarios dunha hamburguesería en San Bernardino chamada McDonald's. A diferenza doutros restaurantes dos suburbios, os irmáns McDonald apostaron dende 1948 por un autoservizo con menú limitado de baixo custo, orientado a familias, que se preparaba con rapidez grazas ao Speedee Service System, un minucioso sistema inspirado na produción en cadea.[7][8]

Kroc chegou a un acordo cos irmáns fundadores para a expansión nacional de McDonald's a través de franquías. Maurice e Richard preferiron centrarse no seu restaurante porque xa contaran con seis franquías que non funcionaron, así que lle cederon a xestión nesa materia a cambio de regalías.[9] Para garantir o crecemento, Kroc estableceu políticas comúns en todos os locais: un mesmo deseño inspirado nos «arcos dourados», contratos individuais con xente da súa confianza, o estrito cumprimento do sistema de produción, e a estandarización do menú.[1][9]

A finais dos anos cincuenta, McDonald's contaba con máis de trinta restaurantes a nivel nacional. Porén, Kroc estaba enfrontado con Maurice e Richard porque o contrato lle deixaba unha escasa marxe de beneficio.[8] Ao non poder renegocialo, asociouse co consultor Harry J. Sonneborn para cambiar de estratexia: en vez de fiar todo o beneficio á comida, McDonald's Corporation investiu en locais que despois subarrendaba aos franquiados, a cambio de porcentaxes nos beneficios. A medida inmobiliaria resultou un éxito: con máis de cen restaurantes en 1960, Kroc deixou sen poder os fundadores para influír nos cambios.[7][9][10]

En 1961, Kroc chegou a un acordo cos irmáns McDonald para facerse co control de McDonald's por 2,7 millóns de dólares en metálico e un 0,5% dos beneficios anuais.[10][11] Esa última parte selouse cunha simple aèperta de mans por «razóns fiscais», polo que o presidente nunca chegou a pagarlles esas regalías.[10] Maurice e Richard mantiveron o restaurante de San Bernardino baixo o nome de The Big M, ao que Kroc respondeu coa apertura dun novo McDonald's xusto fronte a el; o local orixinal tivo que pechar seis anos despois.[8]

McDonald's superou o milleiro de restaurantes en 1968, con presenza en todos os estados dos Estados Unidos e plans de expansión internacional. Kroc mantívose á fronte do negocio ata 1974, e para entón a hamburguesería convertérase na cade de comida rápida máis importante do mundo.[1]

Incursión no béisbol editar

 
Logotipo dos San Diego Padres.

En vez de xubilarse trala súa saída de McDonald's, Kroc fíxose en 1974 coa propiedade dun equipo de beisbol profesional, os San Diego Padres das Grandes Ligas de Beisbol (MLB), por 12 millóns de dólares.[1][12] A entidade atravesaba problemas financeiros e estaba a punto de ser trasladada a Washington, D.C., mais a chegada de Kroc significou a permanencia en California.[12]

Aínda que a nova propiedade significou un aumento dos afeccionados ao estadio, os resultados deportivos foron peores do que se agardaba. Canso do mal rendemento, Kroc cedeu a xestión do equipo ao seu xenro Ballard Smith.[13] A familia Kroc mantivo a propiedade da franquía ata 1990.[12]

Ray Kroc faleceu meses antes de que os San Diego Padres se proclamasen campións da Liga Nacional na temporada 1984.[12]

Na cultura popular editar

En 2016 estreouse o filme biográfico The Founder, dirixido por John Lee Hancock e en que Kroc é interpretado por Michael Keaton. A historia está centrada nas manobras do empresario para expandir McDonald's e arrebatar o control total do negocio aos seus fundadores.[14]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 "Ray A. Kroc dies at 81; Built McDonald's Chain". The New York Times (en inglés). 15 de xaneiro de 1984. Consultado o 9 de outubro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 "The Fast Food Factory". BBC (en inglés). Consultado o 9 de outubro de 2017. 
  3. 3,0 3,1 Snyder, Neil (15 de xuño de 2010). Vision, Values, and Courage: Leadership for Quality Management. Simon and Schuster. pp. 133–. ISBN 978-1-4516-0252-4. 
  4. "Biography of Ray Kroc". Simply Knowledge (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2017. Consultado o 9 de outubro de 2017. 
  5. "The Mc Donald’s Man: What Ray Kroc Hath Wrought Around the World – Vol. 3 No. 19". People (en inglés). 19 de maio de 1975. Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2017. Consultado o 18 de xullo de 2017. 
  6. "Kroc Leaves NPR Record Gift". NPR (en inglés). 6 de novembro de 2003. Consultado o 9 de outubro de 2017. 
  7. 7,0 7,1 "Los hermanos que crearon la comida rápida". Milenio. 15 de abril de 2015. Consultado o 9 de outubro de 2017. 
  8. 8,0 8,1 8,2 "The Real McDonald’s: The San Bernardino Origins of a Fast Food Empire". KCET (en inglés). 5 de agosto de 2016. Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2017. Consultado o 9 de outubro de 2017. 
  9. 9,0 9,1 9,2 Pepin, Jacques (7 de decembro de 1998). "Burger Meister Ray Kroc". Time (en inglés). Consultado o 9 de outubro de 2017. 
  10. 10,0 10,1 10,2 Sanguino, Juan (9 de marzo de 2017). "McDonald’s: la historia de traición detrás de la carbohidratada dominación mundial". El País. Consultado o 9 de outubro de 2017. 
  11. "History of McDonald's Corporation". FundingUniverse (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2017. Consultado o 9 de outubro de 2017. 
  12. 12,0 12,1 12,2 12,3 Center, Bill (29 de agosto de 2014). "Ray Kroc saved the Padres". San Diego Union Tribune (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2017. Consultado o 9 de outubro de 2017. 
  13. Wulf, Steve (5 de abril de 1989). "All My Padres". Sports Illustrated (en inglés). Consultado o 9 de outubro de 2017. 
  14. "La historia del hombre que se apropió del McDonald's y «fundó» un negocio multimillonario". ABC (en castelán). 10 de marzo de 2017. Consultado o 9 de outubro de 2017. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar