Ratko Mladić ou Ратко Младић, nado en Božinovići o 12 de marzo de 1942, é un militar serbio de Bosnia e Hercegovina, Xefe de Estado Maior do Exército da República Srpska (VRS) durante a guerra en Bosnia, entre 1992 e 1995.

Infotaula de personaRatko Mladić

(1993) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(sr) Ратко Младић Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento12 de marzo de 1943 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Božanovići (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRepública Federal Socialista de Iugoslavia
Republika Srpska (pt) Traducir
República Krajina de Serbia
Bosnia e Hercegovina Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar , soldado Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1965 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua serbia Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército Popular Iugoslavo (pt) Traducir e Exército da Republika Srpska (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Rango militarcoronel-general (pt) Traducir
soldado
Xeneral Editar o valor em Wikidata
Comandante de (OBSOLETO)Exército da Republika Srpska (pt) Traducir e General Staff of the Army of Republika Srpska (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ConflitoGuerra de Croacia, Battle of the Barracks (en) Traducir, Cerco de Sarajevo (pt) Traducir, Q4335288 Traducir e Masacre de Srebrenica Editar o valor em Wikidata
Outro
Condenado porcrime de guerra Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm1269513 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

En 1996 Mladić, xunto con outros líderes serbios, foi acusado de crimes de guerra e xenocidio polo Tribunal Penal Internacional para a ex Iugoslavia (TPII) na Haia, polo asedio a Saraxevo no cal morreron 10.000 persoas, e polo masacre de 8.100 homes e nenos bosníacos o 11 de xullo de 1995, durante o masacre de Srebrenica, o maior xenocidio cometido en Europa dende a segunda guerra mundial. Unha orde de arresto internacional pendente para Mladić, segundo a Regra 61 do TPII, de 2008, que conclúe que hai motivos suficientes para crer que o acusado cometera ditos crimes, incluíndo xenocidio. O goberno dos Estados Unidos ofrece dende entón unha recompensa de 5 millóns de dólares polo seu arresto, así como o de Radovan Karadžić, que foi detido o 21 de xullo de 2008.

Despois de anos de fuga, Mladić foi finalmente detido en Serbia[1] o 26 de maio de 2011, co anuncio da súa prisión, comunicado en Belgrado polo presidente serbio Boris Tadić.[2].

Xulgado polo Tribunal Penal Internacional para a exIugoslavia, en novembro de 2017 foi declarado culpable polas súas responsabilidades no masacre de Srebrenica e no Sitio de Saraxevo e condenado a cadea perpetua por xenocidio, crimes de guerra e crimes de lesa humanidade.[3][4] Mladić recorreu a condena ante o Mecanismo para os Tribunais Penais Internacionais (MTPI) e en agosto de 2020 comezou o proceso de apelación.[5] Finalmente, o 8 de xuño de 2021 a sentenza contra Mladić foi ratificada.[6][7] A fiscalía internacional do caso declarou tras a confirmación da pena que Mladić figura entre os maiores criminais de guerra da historia recente, mais, lembrando tamén, que a condena non é unha sentenza contra o pobo serbio.[8]

Notas editar

  1. agências, swissinfo ch com. "Sérvia prende ex-general acusado de genocídio". SWI swissinfo.ch (en portugués). Consultado o 2021-06-09. 
  2. Reuters (ed.). "Serb police arrest war crimes suspect Mladic". Arquivado dende o orixinal o 24/09/2015. Consultado o 26/05/2011. 
  3. "Ratko Mladic jailed for life over Bosnia war genocide". BBC News (en inglés). 2017-11-22. Consultado o 2021-06-09. 
  4. "TPII/Bósnia: Ratko Mladic condenado por genocídio". Human Rights Watch (en portugués). 2017-11-23. Consultado o 2021-06-09. 
  5. "La Haye: ouverture du procès en appel de Ratko Mladic, le «boucher des Balkans»". RFI (en francés). 2020-08-24. Consultado o 2021-06-09. 
  6. A Xustiza internacional ratifica a cadea perpetua de Mladić polo xenocidio de Srebrenica (CRTVG). 8-6-2021. 
  7. "The Appeals Chamber of the International Residual Mechanism for Criminal Tribunals delivers judgement in the Mladić case". IRMCT. Consultado o 8-6-2021. 
  8. "Statement by the Prosecutor on the occasion of Mladić Appeals Judgement". IRMCT. Consultado o 9-6-2021. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar