Ramón Díaz del Río
Ramón Díaz del Río Jáudenes, nado en Vigo o 11 de decembro de 1940 e finado na mesma cidade o 20 de novembro de 2023,[1] foi un enxeñeiro naval e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de decembro de 1940 Vigo, España |
Morte | 20 de novembro de 2023 (82 anos) Vigo, España |
Eurodeputado | |
Representa: Alianza Popular 6 de xullo de 1987 – 24 de xullo de 1989 Lexislatura: II lexislatura do Parlamento Europeo Circunscrición electoral: España | |
Datos persoais | |
Educación | Escola Técnica Superior de Enxeñaría Naval |
Actividade | |
Lugar de traballo | Estrasburgo Bruxelas |
Ocupación | político, enxeñeiro naval |
Partido político | Alianza Popular |
Traxectoria
editarEstudou o bacharelato nos Maristas e despois marchou á Escola Naval Militar de Marín. Sen rematou, marchou a Madrid, onde se licenciou na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Navais (1968). Despois traballou en diversas empresas do sector navalː comezou en Hijos de Barreras como xefe de reparación, e despois marchou de subdirector a Sapiga, unha empresa pesqueira coa que tivo contacto coa pesca nos caladoiros atlánticos (Terra Nova e Suráfrica). Posteriormente accederá ao posto de director.
Militante de Alianza Popular foi conselleiro de Pesca (1982-1983) e de Industria, Enerxía e Comercio (1984-1985) da Xunta de Galicia. Foi elixido deputado nas eleccións ao Parlamento de Galicia 1985, pero deixou o seu escano en 1987 cando foi elixido deputado nas eleccións ao Parlamento Europeo de 1987. De 1988 a 1989 foi vicepresidente da delegación para as relacións cos países do Magreb do Parlamento Europeo. En 1996 foi nomeado director xerente da Fundación Provigo.
Predecesor: Baldomero Fernández Calviño |
Conselleiro de Pesca 1982 - 1983 |
Sucesor: Juan Manuel Páramo Neira |
Predecesor: Juan Manuel de la Fuente |
Conselleiro de Industria, Enerxía e Comercio 1984 - 1985 |
Sucesor: Luciano Asorey |
Vida persoal
editarTivo sete irmáns. Casou e tivo tres fillos.
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ramón Díaz del Río Jaudenes na EGU.
- Ficha do Parlamento Europeo Arquivado 15 de setembro de 2019 en Wayback Machine. (en castelán)