Ramón Carballo Páez

veterinario e político galego

Ramón Carballo Páez, nado en Seixo (Pacios, Pedrafita do Cebreiro) en agosto de 1959,[1] é un veterinario e político galego.

Modelo:BiografíaRamón Carballo Páez
Biografía
Nacementoagosto de 1959 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
Seixo, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de León Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónveterinario, político Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor en Wikidata
Membro de

Traxectoria

editar
 
Papeleta das Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020.

Estudou no seminario de Lugo e licenciouse en veterinaria pola Universidade de León en 1986.[2] Exerceu en diversos concellos da provincia de Lugo e mais no Bierzo. Foi inspector técnico veterinario e xefe territorial da Consellería do Medio Rural. Militante do Partido Popular de Galicia foi concelleiro en Pedrafita do Cebreiro (1987-1991) mais na Fonsagrada (1999-2003) e deputado no Parlamento de Galicia (2002-2005). Volveu de novo á corporación da Fonsagrada de 2007 a 2010. De 2012 a 2017 foi o Subdelegado do Goberno en Lugo e presidente do PP de Lugo dende maio de 2017.[3]

  1. "Ramón Carballo, nuevo subdelegado del Gobierno en Lugo", La Voz de Galicia, 31 de xaneiro de 2012
  2. Ricardo Carballo Páez en Galegos
  3. "Ramón Carballo, elixido novo presidente do PP de Lugo" Arquivado 27 de maio de 2018 en Wayback Machine., CRTVG, 25 de maio de 2017