Raimundo Viejo

político español


Raimundo Viejo Viñas, nado en Vigo en 1969, é un politicólogo e político galego radicado en Cataluña.

Infotaula de personaRaimundo Viejo

(2015) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de agosto de 1969 Editar o valor em Wikidata (54 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
13 de xullo de 2016 – 5 de marzo de 2019

Circunscrición electoral: Barcelona

Deputado no Congreso dos Deputados
4 de xaneiro de 2016 – 3 de maio de 2016

Circunscrición electoral: Barcelona

Concelleiro de Barcelona
13 de xuño de 2015 – outubro de 2015
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , teórico político , activista social Editar o valor em Wikidata
Partido políticoBarcelona en Comú Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Participou en
14 de xaneiro de 2014Moure fitxa: convertir la indignació en canvi polític (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Páxina webraimundoviejo.info Editar o valor em Wikidata
Facebook: raimundo.viejo.v Twitter: _mundus Telegram: Raimundo_Viejo Dialnet: 173658 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Licenciouse en Ciencias Políticas pola Universidade de Santiago de Compostela inicialmente e despois doutorouse na mesma e na Universidade Humboldt de Berlín. Como docente universitario, deu clase en Santiago, mais tamén na Chicago, na Pompeu Fabra e na de Lausana[1].

Como politicólogo ten tamén escrito en medios de comunicación, como Tempos Novos, Diagonal, La Directa ou Público[1]. Tamén publicou libros que analizan os movementos políticos de raíz social, e en especial o 15-M.

Nos primeiros anos do século militou na agrupación Compostelá de Esquerda Unida, federación galega de Izquierda Unida. Nas eleccións municipais de 2015, preséntase como candidato na lista de Barcelona en Común, unha plataforma de esquerdas e cidadá encabezada por Ada Colau. A candidatura gaña as eleccións, Colau convértese en alcaldesa e Viejo pasa a ser concelleiro de Educación e Universidades no concello de Barcelona. Tamén foi concelleiro de distrito no barrio de Gràcia. Poucos meses despois, Viejo figurou nas listas de En Comú Podem pola provincia de Barcelona nas Eleccións Xerais de 2015, e resultou elixido deputado. A candidatura era de novo unha confluencia de forzas de esquerda e cidadáns de ámbito catalán. Como consecuencia de saír de deputado abandonou o seu posto como concelleiro.

Obra editar

  • La dansa de Medusa. Barcelona: El Tangram, 2012 (con Marc Montanyès).
  • Les raons dels indignats. Barcelona: Pòrtic, 2011 (editor).
  • Principis de la ciutat. Tres paradigmes normatius i la política contenciosa, Fundació Nous Horitzons, 2010.

Tamén ten colaborado en volumes colectivos, entre eles A praza é nosa, de Marcos Pérez Pena (2011) ou 15-M: O pobo indignado, de Alfredo Iglesias Diéguez (2011).

Vida persoal editar

É irmán do historiador do cinema e escritor Breixo Viejo.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Principis de la ciutat. Tres paradigmes normatius i la política contenciosa, Fundació Nous Horitzons, 2010, p.2.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar