Abrir o menú principal

Rafael Rivelles Guillén, nado en Valencia o 23 de decembro de 1897 e finado en Madrid o 3 de decembro de 1971, foi un actor español.[1]

Rafael Rivelles
Rafael Rivelles 1926.jpg
Nacemento23 de decembro de 1898
 Provincia de Valencia e Valencia
Falecemento3 de decembro de 1971
 Madrid
NacionalidadeEspaña
OcupaciónActor
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Naceu en Valencia, pero pronto a súa familia se trasladou ao Cabanyal, municipio de Valencia que en 1897 foi anexionado ao da capital, e onde pasou toda a súa infancia. Membro dunha familia de artistas, os seus pais foron os prestixiosos actores de teatro Jaime Rivelles e Amparo Guillem Minguet. Moi pronto comezou a traballar no teatro no que lograría rotundos éxitos; aínda que tamén traballou no cine ao longo da súa vida, pero de forma máis esporádica. Nos anos 30 traballou durante un tempo en Hollywood, pero pronto regresou a España, onde fundou a súa propia compañía de teatro xunto á súa esposa, a actriz María Fernanda Ladrón de Guevara coa que contraeu matrimonio o 15 de marzo de 1922, na Igrexa de San José de Madrid.

En 1925 naceu a súa filla, a actriz Amparo Rivelles, que continuou a saga artística xunto a unha nova xeración familiar de actores, entre eles Amparo Larrañaga e Luis Merlo.

No cine é lembrado como Don Quixote na película de 1947, Don Quijote de la Mancha xunto a un espléndido Juan Calvo, no papel de Sancho Panza.

En 1954 interpretou a Xudas Iscariote na película El beso de Judas dirixida por Rafael Gil.

Faleceu en Madrid o 3 de decembro de 1971 e de acordo cos seus desexos foi enterrado en Valencia, no cemiterio do Cabanyal, xunto aos seus pais.[2]

FilmografíaEditar

Teatro (selección)Editar

  • Reinar después de morir (1964)
  • Ardèle o la Margarita (1964)
  • Cuidado con las personas formales (1960)
  • Papá se enfada por todo (1959)
  • La herencia (1957)
  • Pepa Doncel (1956)
  • La herida luminosa (1955)
  • La muralla (1954)
  • La mariposa y el ingeniero (1953)
  • Señora ama (1953)
  • Callados como muertos (1952)
  • Criminal de guerra (1951).
  • Al amor hay que mandarlo al colegio (1950)
  • La visita que no llamó al timbre (1949)
  • Carlo Monte en Monte Carlo (1939)
  • El bandido de la Sierra (1926)
  • El nido ajeno (1923)

NotasEditar

  1. "Nova do falecemento de Rafael Rivelles". ABC (xornal) (en castelán). 4 de decembro de 1971. Consultado o 25 de agosto de 2018. 
  2. "Rafael Rivelles". ABC (xornal) (en castelán). 5 de decembro de 1971. Consultado o 25 de agosto de 2018. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar