Rafael Matesanz Acedos, nado en Madrid en 1949, é un nefrólogo español.

Modelo:BiografíaRafael Matesanz

(2013) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinalRafael Matesanz Acedos
Biografía
Nacemento1949 Editar o valor en Wikidata (74/75 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Cargos
Véxase o texto
Datos persoais
Formación profesionalLicenciado e doutor en Medicina
EducaciónUniversidade Autónoma de Madrid
Universidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Q89547790Ser o promotor da Organización Nacional de Transplantes e o seu primeiro director
Actividade
Ocupaciónnefrólogo Editar o valor en Wikidata
Premios
Véxase o texto

Editar o valor en Wikidata

BNE: XX869631 Dialnet: 700219

Doutor en Medicina, foi xefe da Sección de Nefroloxía do Hospital Universitario Ramón y Cajal de Madrid, promotor e creador da Organización Nacional de Transplantes (ONT) galardoada, xunto coa The Transplantation Society (TTS), co Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional de 2010. Foi tamén o redactor principal da Directiva Europea de Transplantes, aprobada o 19 de maio de 2010.[1][2]

Traxectoria

editar

Licenciado en Medicina en 1972 na Universidade Complutense de Madrid, obtivo o grao de doutor en 1979 na Universidade Autónoma de Madrid, realizando na Fundación Jiménez Díaz a especialidade de Nefroloxía. Dessenvolveu a súa actividade clínica no Hospital Universitario Ramón y Cajal de Madrid.[3]

Organicación Nacional de Transplantes de España

editar

Matesanz foi o creador e fundador, en setembro de 1989 da Organización Nacional de Transplantes de España (ONT). Foi o seu director desde 1989 até 2001, e volveu a selo desde setembro de 2004 até o 12 de maio de 2017,[3] sendo substituído, despois de 28 anos e por xubilación, pola doutora Beatriz Domínguez-Gil, nefróloga de 46 anos,[4] e a súa colaboradora na ONT desde novembro de 2006.[5]

A ONT é un organismo dependente do Ministerio de Sanidade do Goberno de España, e é o responsábel da organización, planificación e coordinación de transplantes de órganos, tecidos e células, así como dos transplantes de células nai sanguíneas: medula ósea e cordón umbilical.

O doutor Matesanz é o artífice e responsábel do chamado modelo español de transplantes,[6] que levou a España desde os niveis medios e baixos en doazón durante os anos oitenta a situarse no primeiro lugar do mundo desde 1992 até a actualidade, é dicir, durante un cuarto de século, con taxas de doazón e transplante de máis do dobre que a Unión Europea.

Outros cargos e responsabilidades

editar

Rafael Matesanz desempeñou os seguientes cargos:[3]

  • Director xeral do Instituto Nacional da Saúde español (INSALUD), organismo responsábel da atención primaria e hospitalaria de 10 das 17 comunidades autónomas españolas desde 1996 a 2000.
  • Presidente do Comité Nacional de Transplantes de España desde a súa creación en 1990 até o ano 2000, e novamente desde 2004 a 2017.
  • Presidente do Comité de Expertos do Consello Europeo de Transplantes durante 7 anos, desde 1995 até o 2000, e novamente desde 2003 até 2005, ademais de vicepresidente desta comisión desde 2005 a 2006. No ano 2000 foi cesado pola ministra Celia Villalobos como delegado, recuperando o posto a raíz do nomeamento como ministra de Ana Pastor. A súa segunda candidatura foi presentada pola delegación italiana.[7]
  • Presidente da Comisión Nacional Española de Nefroloxía desde 2001 a 2006. Así mesmo foi secretario da Comisión Nacional Española de Nefroloxía durante o período 1990-2001.
  • Director do máster en Organización de Coordinación e Transplanted da Universidade de Barcelona (1993-1994 e 2005-2006).
  • Director de formación de posraos en cursos impartidos na Universidade de Barcelona, a Universidade Internacional Menéndez Pelayo (Santander), Universidade de Alacant e Universidade Complutense de Madrid.
  • Desde abril de 2001 até xaneiro de 2004, foi o director científico da Organización Toscana de Transplantes (Italia), así como colaborador do Centro Nacional de Transplantes de Italia para a formación de coordinadores de transplantes.
  • Desde abril de 2002 até xaneiro de 2004, foi director do Instituto Toscano de Tumores en Florencia, Italia.
  • Desde xaneiro a setembro de 2004 foi director xeral do Centro Nacional de Transplantes e Medicina Rexenerativa de España.
  • Presidente do Consello Iberoamericano de Doazón de Órganos e Transplantes, desde novembro de 2005 até a súa xubilación en 2017.
  • Asesor da Organización Mundial da Saúde (OMS) para a estratexia mundial sobre os transplantes.

Publicacións

editar
Como autor

Rafael Matesanz é autor de máis de 500 artigos en revistas ciantíficas internacionaisl e de máis de 100 capítulos de libros ou monografías sobre a nefroloxía, a doazón de órganos e o seu transplante.[3][8]

Como editor e responsábel científico de revistas

Matesanz foi editor xefe da revista Nefrología (publicación oficial da Sociedade Española de Nefroloxía) desde 1986 a 2007, Nefrología extrahospitalaria, Revista Española de Trasplantes (publicación oficial da ONT), e Transplant Newsletter (publicación oficial do Consello de Europa), desde 1993 até a actualidade.[3]

Premios

editar

Rafael Matesanz recibiu, entre outros, os seguientes premios e condecoracións:[3]

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
Artículos de prensa