Rafael García Sampayo
Rafael García Sampayo, nado en Cervaña (Silleda) cara a 1913 e finado na Coruña o 11 de decembro de 1998, foi un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1913 ![]() Cervaña, España ![]() |
Morte | 11 de decembro de 1998 ![]() A Coruña, España ![]() |
![]() | |
1943 – 1944 ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
Familia | |
Irmáns | Manuel García Sampayo Ramón García Sampayo ![]() |
Traxectoria
editarFillo de Manuel García Moreiras e irmán de Manuel García Sampayo. A familia trasladouse a Portarís na parroquia de Lois en Ribadumia. Militante de Falange, co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 presentouse voluntario en Pontevedra para ser enviado á fronte de Guadarrama en agosto.[1] Combateu na guerra civil. A Garda Civil detívoo en xuño de 1942 por dispararlle a Cándido Betanzos Charlín, médico de Meis, que se opuña a que mantivera relacións cunha filla súa.[2] Foi alcalde de Ribadumia entre 1943 e 1944. Renunciou como alcalde por negarse a subornos e presións na distribución dos recursos do racionamento.[Cómpre referencia] Instalouse na Coruña dende finais dos anos coarenta e desenvolveu a súa actividade como pequeno industrial fabricando brochas de barbear en Hércules Industrial Brochera. Finou na Coruña o 11 de decembro de 1998.[3]
Predecesor: ? |
Alcalde de Ribadumia 1943 - 1944 |
Sucesor: ? |
Vida persoal
editarCasou coa filla do médico de Meis, Angélica Encarnación Betanzos Millán, e foi pai de María Pilar, María Encarnación, Jesús, María Gema, María del Socorro, Rafael e Gabriel García Betanzos. Foi avo do escritor galego José António Lozano.
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Sánchez Arins, Susana (2015). seique. Santiago de Compostela: Através. ISBN 978-84-87305-33-7.