Abrir o menú principal

Rafael Carvajal

xornalista e propagandista agrario galego

Rafael Carvajal, finado en Madrid o 24 de xuño de 1915,[1] foi un xornalista e propagandista agrario galego.

Rafael Carvajal
Falecemento24 de xuño de 1915
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Comezou a súa carreira xornalística en La Voz de la Patria e foi redactor de El Siglo Futuro. En 1910 entrou na primeira redacción de El Debate xunto cos galegos Basilio Álvarez, Luís Antón del Olmet e Alfonso Alcalá Martín. Foi redactor-xefe de La Tribuna (1912). Formou parte do grupo iniciador de Acción Gallega en Madrid en 1909. Participou no programa de mitins iniciado por terras de Meira. Presentado como candidato polo distrito de Mondoñedo en 1910 fronte a Avelino Montero Villegas, foi derrotado.

NotasEditar

  1. Necrolóxica en El Regional, 25-6-1915, p. 2.