Avelino Montero Villegas

político español

Andrés Avelino Montero Villegas, nado en Madrid en agosto de 1875 e finado en París o 24 de agosto de 1923[1], foi un político español.

Avelino Montero Villegas
Avelino Montero Villegas coa súa muller e filla, retrato en Vida Gallega, 1920.
Nacementoagosto de 1875
Lugar de nacementoMadrid
Falecemento24 de agosto de 1923
Lugar de falecementoParís
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
PaiEugenio Montero Ríos
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Fillo de Eugenio Montero Ríos. Estudou Dereito e abriu un bufete en Madrid. Nada máis cumprir a idade regulamentaria, a familia situouno como deputado polo distrito de Mondoñedo (1901), no que se enfeudou durante seis lexislaturas (1901-1916). Desde 1916 até a súa morte foi senador pola provincia de Lugo. A protección de menores foi a súa gran preocupación e ocupación intelectual e social.

Obra Editar

  • Tribunales para niños (Madrid, 1913). Artigos publicados en La Correspondencia de España, con prólogo de Henry Carton de Wiart.
  • Memoria elevada al Gobierno de S. M. en la solemne apertura de los Tribunales en 1916
  • Antecedentes y comentarios a la Ley de Tribunales para niños (1919)
  • La Ley de Tribunales para niños en España (1921). Memoria presentada no segundo Congreso Internacional de Protección á Infancia.

Notas Editar

Véxase tamén Editar

Ligazóns externas Editar