Rafael Alonso
Rafael Alonso Fernández nado en Pontevedra en 1924 e finado setembro en 1995, foi un pintor galego, especializado na acuarela.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1924 Pontevedra, España |
Morte | 1995 (70/71 anos) |
Actividade | |
Ocupación | pintor |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada |
Traxectoria
editarComezou a estudar arquitectura en Madrid en 1946, mais deixouno ao pouco tempo. En 1947 fixo a súa primeira exposición en Vigo e Pontevedra simultaneamente.[1] En 1952 marchou durante dous anos a París cunha pensión e alí coñeceu tendencias innovadoras (postimpresionismo, fauvismo, técnica de Duby...), que serviron de base para a súa propia creatividade.[2]
Nos seus comezos a temática era máis paisaxística, derivando cara a formas esquemáticas.
Amigo do editor Sabino Torres, ilustrou a obra de Celso Emilio Ferreiro Musa alemá.
Recibiu a medalla de Ouro da primeira Bienal de Arte de Pontevedra (1970) e a da cuarta Bienal Internacional de Pontevedra (1980), os dous únicos concursos ós que se presentou.[3][4][2] A súa obra está en poder de institucións como os Paradores Nacionais de Turismo, o BBVA, a Colección Afundación, o Museo Provincial de Pontevedra ou o Museo Municipal Quiñones de León de Vigo e coleccións privadas do Canadá, Cuba, Estados Unidos de América, Francia, Reino Unido, Rusia…[1][2]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 21-22.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD) . Grupo El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- ↑ Pablos, Francisco; A pintura en Galicia | La pintura en Galicia (edición bilingüe), pp. 176-178, Nigra Trea, 2003, ISBN 84-95364-15-8.
- ↑ Pablos, Francisco (1981). Plástica Gallega (en castelán). Caja de Ahorros Municipal de Vigo. pp. 88–89. ISBN 84-7231-603-3.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Proxecto Galicia, Tomo XVI, Arte Contemporáneo I. Hércules de Ediciones.
- Diccionario enciclopédico galego universal 3. Ir Indo para La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 50. ISBN 84-7680-429-6.
- Enciclopedia Galega Universal 1. Ir Indo. 1999-2002. p. 367. ISBN 84-7680-288-9.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Rafael Alonso na Colección Afundación.
- Obras de Rafael Alonso en YouTube
- Bibliografía na páxina web Pintores Gallegos.