Rafa Lobelle
escritor e profesor galego
Rafael Lobelle González, coñecido como Rafa Lobelle, nado en Vilameá (Santa Cruz de Viana, Chantada) o 16 de outubro de 1988, é un poeta e escritor galego.
Rafa Lobelle | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 16 de outubro de 1988 |
Lugar de nacemento | Vilame |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | escritor e catedrático |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Licenciado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, exerce como profesor no ensino secundario no instituto de educación secundaria CPI Plurilingüe A Picota, en Mazaricos.
Obras Editar
Poesía Editar
- Andar ás apóutegas (Edicións Fervenza, 2014).
- Física Elemental (autoedición ilustrada, 2018).
- Cotodamina (Chan da Pólvora, 2019).[1]
- Río carne (Editorial Tris Tram, 2022).
Novela Editar
- Evanxeos Apócrifos (Edicións do Peirao, 2018).
Obras colectivas Editar
- Ecos dos poetas de Chantada (coordinado por Xosé Lois García. Editorial Niké, 2017).[2]
- Dorna n°43. Revista de Expresión poética galega. 2020 [3]
Premios Editar
- 2º Premio Certame Xuventude Crea Consellería Cultura (2012) por Retrincos Fotoxénico[4]
- 3º Premio Certame Xuventude Crea Consellería Cultura (2013) por Deus Fretesque Gallaecia[5]
- 1º Premio de poesía Díaz Jácome Mondoñedo (2013) por Da retranca dos teus ollos
- XVIII Premio de poesía Avelina Valladares (2014) Concello da Estrada por Andar ás apóutegas.[6]
- 1º premio Concurso Relatos O lugar onde vivo. Adega (2015) por Na regueira de Xigonde.
- 1º Premio de Novela Edicións do Peirao (2018) coa obra Evanxeos Apócrifos.
- 2º Premio IV Certame de poesía Torre de Caldaloba (2021) coa obra Da carne.[7]
Notas Editar
- ↑ "Rafa Lobelle leva ata Santiago a maxia das letras de Cotodamina". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2021-07-22.
- ↑ "Chantada: presentación de Ecos dos poetas de Chantada, de Xosé Lois García | ::Axenda cultural AELG::". axendaaelg.gal. Consultado o 2018-05-22.
- ↑ "Dorna: expresión poética galega. Nº. 43, 2020". Dialnet (en castelán). Consultado o 2022-01-05.
- ↑ ."Un total de 53 mozos e mozas galegos foron premiados no 'Xuventude Crea 2012'". El Correo Gallego (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2016. Consultado o 18 de abril de 2018.
- ↑ ."Gañadores dos Premios Xuventude Crea 2013 | ::Axenda cultural AELG::". axendaaelg.gal. Consultado o 2018-05-22.
- ↑ "Rafael Lobelle recoge el Premio Avelina Valladares en la IX Festa da Poesía". Faro de Vigo. Consultado o 2018-04-18.
- ↑ asociacionescritoras-es. "Coñécense as obras gañadoras do IV Certame de poesía Torre de Caldaloba | ::Axenda cultural AELG::". Consultado o 2021-11-10.
Véxase tamén Editar
Ligazóns externas Editar
- "Rafael Lobelle, un aprendiz de poeta", entrevista en Noticieiro Galego.
- Andar as apóutegas
- "O Soar das apóutegas", recital poético musical co guitarrista Juan Manuel Vázquez