Radiooncoloxía
A radiooncoloxía, tamén denominada oncoloxía radioterápica, é a especialidade médica que usa a radioterapia para tratar o cancro,[1][2] a diferenza da oncoloxía médica, especialidade dedicada ao diagnóstico e tratamento do enfermo con cancro con quimioterapia, terapia con hormonas e outros medicamentos, e da oncoloxía cirúrxica, ou cirurxía oncolóxica, que foi a primeira especiaidade dedicada ao tratamento desta enfermidade, mediante a extirpación do tumor e dos tecidos circundantes durante unha operación.[3]
Cómpre tamén diferenciala da radioloxía, rama da medicina que estuda as radiacións electromagnéticas, epeciamente os raios X, con fins diagnósticos ou terapéuticos,[4]
A radiación adoita ser prescrita por un radiooncólogo (oncólogo especalista en radioloxía) coa intención de curar o cancro, ou como terapia acompañante. Tamén se pode usar como tratamento paliativo (cando a curación non é posíbel, co obxecto de controlar localmente a enfermidade ou producir un alivio sintomático) ou como tratamento terapéutico (onde a terapia ten un beneficio de supervivencia e pode ser curativa). Así mesmo é común combinar a radioterapia coa cirurxía, a quimioterapia, a hormonaterapia hormonal, a inmunoterapia ou algunha combinación das catro.
A radiooncoloxía comezou a practicarse nos primeiros anos do século XX. O primeiro médico en empregala en España foi o doutor Celedonio Calatayud en 1906.[5] [6]
Notas
editar- ↑ radioterapia s.f. 1. «Tratamento das enfermidades por medio de radiacións, sobre todo as oncolóxicas» (sic). No Diccionario galego de termos médicos, Santiago de Compostela, 2003, Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia / Xunta de Galicia. ISBN 84-453-3371-2.
- ↑ Esta definición ten un erro de redacción, que debería ser, obviamente, «Tratamento das enfermidades, sobre todo as oncolóxicas, por medio de radiacións».
- ↑ oncología no Diccionario de cáncer do Instituto Nacional del Cáncer, dos Institutos Nacionais da Saúde dos Estados Unidos.(en castelán).
- ↑ radioloxía, no Diccionario galego de termos médicos.
- ↑ Archivo del Boletín Oficial del Estado, Gazeta de Madrid, 10 de agosto de 1920. páx. 548.
- ↑ Medina, Rosa; Casas, Francesc; Calvo, Felipe A. (1996). "Radiation oncology in Spain: Historical notes for the radiology centennial." (PDF). Int. J. Radiation Oncology. Biology. Physics 35 (5): 1075–1091. Consultado o 26 de agosto de 2018.