Real Sociedade Numismática de Nova Zelandia

asociación numismática
(Redirección desde «RNSNZ»)

A Real Sociedade Numismática de Nova Zelandia (Royal Numismatic Society of New Zealand -RNSNZ-) é unha sociedade erudita sen ánimo de lucro neozelandesa, con sede en Wellington, que se encarga "do fortalecemento e a promoción do estudo da numismática e outros aspectos da historia relacionados con ela." Estableceuse en 1931, co nome de New Zealand Numismatic Society e adoptou a súa denominación actual en 1948, un ano despois de conseguir a concesión do título de Royal.[1][2][3]

Real Sociedade Numismática de Nova Zelandia
Medalla da RNSNZ (1969). Bicentenario da descuberta de Nova Zelandia por James Cook (galego) Editar o valor em Wikidata
Tiposociedade científica
Campo de traballonumismática
Data de fundación1931 e 20 de xullo de 1931
EnWellington
PaísNova Zelandia
41°16′55″S 174°46′22″L / -41.2818439, 174.7726523
Na rede
http://www.rnsnz.org.nz/
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

A Real Sociedade Numismática de Nova Zelandia fundouse na biblioteca Alexander Turnbull, de Wellington, o 20 de xullo de 1931, grazas ao impulso, entre outros, do xornalista Alan Sutherland. Nas actas das primeiras reunións figuran os nomes de persoeiros prominintes da sociedade neozelandesa da época.[3][4]

En palabras de Sutherland, que escribiu unha historia deses primeiros momentos da Sociedade, o obxectivo era reunir todas as persoas dispersas polo país interesadas no coleccionismo e o estudo das moedas, as medallas e os obxectos afíns.[3][4]

A biblioteca Turnbull continuou a ser a sede da sociedade ata o pechamento do edificio logo do terremoto acaecido en 2012, momento en que cambiou o seu lugar de encontro para unhas salas comunitarias en The Terrace.[4]

A RNSNZ xogou un importante papel na introdución das primeiras moedas circulantes de Nova Zelandia en 1933 (antes usábanse nos país os dólares australianos). Tanto Sutherland como o entón presidente da Sociedade, J. Rankine Brown, formaron parte dos comités que determinatron o proceso de introdución das novas moedas, así como o seu deseño, xunto cos seus billetes. A RNSNZ continúa a ter un papel consultivo respecto á cuñaxe de moedas en Nova Zelandia, para o que mantén contaco permanente co Reserve Bank.[3][4]

En 1966 constituíuse, de xeito alternativo á RNSNZ, o Wellington Coin Club ("Club de Moeda de Wellington"), fundamentalmente pola sensación reinante en moitos coleccionistas de moedas de que a Sociedade non atendía os seus verdadeiros intereses, senón que adoptara unha postura máis elitista e academicista. Finalmente, a situación reconduciuse coa fusión de ambas as entidades en 2005.[4]

En 2015 produciuse unha nova fusión, cando a Sociedade Numismática de Manawatu se incorporou á Royal Numismatic Society of New Zealand.[4]

Funcionamento editar

Os socios da Sociedade manteñen encontros ordinarios os derradeiros venres de cada mes, entre os meses de febreiro e novembro, nos que se abordan temas concretos propostos por algún dos seus membros ou por un orador invitado. Á parte, mantéñense outros encontros de periodicidade anual, con outras asociacións numismáticas do país.[5]

Ademais, todos os seus asociados reciben gratuitamente o New Zealand Numismatic Journal e outros boletíns da Sociedade, participan en poxas numismáticas e teñen acceso á área reservada da web social e á biblioteca da entidade[1]

Publicacións editar

New Zealand Numismatic Journal (NZNJ) editar

É o órgano de expresión da Sociedade, de publicación anual. Nel pubícanse artigos sobre temas que cobren todo o espectro do interese numismático, destacadamente os relativos a Nova Zelandia.[1][3]

Monografías editar

Ao longo da súa historia, a RNSNZ publicou tamén algunhas monografías en materia numismática. Estas son algunhas delas:[6]

  • (1950): Thomas, E. R.; Dale, L. J. They made their own money : the story of early Canterbury traders & their tokens.
  • (1970): O'Shea, P. P. Captain James Cook, R.N., F.R.S. and his numismatic associations.
  • (1981): Lampard, W. H. Catalogue of New Zealand coins, currency tokens, Presbyterian communion tokens and bank notes. ISBN 9780473000950
  • (2005): Stocker, M. Numismatic birth of the Dominion : the 1933 New Zealand coinage designs.
  • (2011): McMaster, H.; Purdy, M. New Zealand Challenge coins : a catalogue. ISBN 9780473195410
  • (2014): McMaster, H.; Purdy, M. New Zealand commemorative medals : 1941-2014. ISBN 9780473287313

Presidentes editar

A seguir, amósase unha listaxe dos presidentes da Royal Numismatic Society of New Zealand:

  • 1931-1932: D. C. Bates.
  • 1933-1935: J. Rankine Brown.
  • 1936-1938: James Elliott.
  • 1939-1945: J. C. Andersen.
  • 1946-1948: A. Sutherland.
  • 1949-1949: W. D. Ferguson.
  • 1950-1951: M. H. Hornblow.
  • 1952-1955: H. A. Murray.
  • 1956-1960: G. T. Stagg.
  • 1961-1961: J. Berry.
  • 1962-1963: L. J. Dale.
  • 1964-1967: B. G. Hamlin.
  • 1968-1969: N. R. A. Netherclift.
  • 1969-1969: T. Stagg.
  • 1970-1970: J. R. Graydon.
  • 1971-1971: A. F. Robb.
  • 1972-1972: A. J. Freed.
  • 1973-1979: I. Ranger.
  • 1980-1986: W. H. Lampard.
  • 1987-1988: R. T. Harwood.
  • 1989-2003: W. H. Lampard.
  • 2003-1006: M. L. Purdy.
  • 2006: D. A. Galt.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Introduction". No sitio web da RNSNZ.
  2. "Rules - The Royal Numismatic Society of New Zealand". www.rnsnz.org.nz. Consultado o 2022-03-20. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 McLintock, A. H. (1966).
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 "History". No sitio web da RNSNZ.
  5. "Member Benefits". No sitio web da RNSNZ.
  6. "Royal Numismatic Society of New Zealand". En WorldCat.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

  • McLintock, A. H. (1966). "Numismatic Society". En An Encyclopaedia of New Zealand. R E Owen, Government Printer. Wellington.

Ligazóns externas editar