Río Tocantins

O río Tocantins é un río do Brasil, arteria fluvial centrl do país. En lingua tupí, o seu nome significa "peteiro do tucano" (Tukã="tucano" e Ti="peteiro"). Percorre de sur a norte uns 2450 km. Non é propiamente un afluente do río Amazonas, xa que as súas augas chegan ao océano Atlántico ao mesmo tempo que as do Amazonas. Flúe por catro estados brasileiros (Goiás, Tocantins, Maranhão e Pará) e dá nome a un dos estados máis recentes, formado en 1988 na porción norte de Goiás.

Tocantins
Tocantins River.jpg
PaísBrasil
Lonxitude2450 km[1]
Conca749 200 km2
Caudal medio11 796 m3/s
DesembocaduraBaía de Marajó
Tocantins watershed.png
Cunca do Tocantins

O Tocantins é un dos río de augas claras máis longos de Suramérica.[2]

FaunaEditar

A cunca do Tocantins, que inclúe o río Araguaia) é o fogar de varios grandes mamíferos acuáticos, como o manatí Trichechus inunguis, os golfiños Inia araguaiaensis e Sotalia fluviatilis, e de grandes réptiles como o caimán negro, o caimán común e a tartaruga Podocnemis unifilis.[3]

A cunca ten unha gran riqueza de especies de peixes, aínda que é relativamente baixa para os estándares amazónicos.[3] Rexistráronse máis de 350 especies, incluídos máis de 175 endemismos.[4] As familias máis ricas son Characidae, Loricariidae e rivúlidos.

NotasEditar

  1. Ziesler, R.; Ardizzone, G.D. (1979). "Amazon River System". The Inland waters of Latin America. Food and Agriculture Organization of the United Nations. ISBN 92-5-000780-9. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2013. 
  2. Perez, M.S. "Where the Xingu Bends and Will Soon Break". American Scientist. Consultado o 1 de outubro de 2017. 
  3. 3,0 3,1 Provete, D.B. (2013). Tocantins River. 1237-1239
  4. Hales, J., and P. Petry: Tocantins - Araguaia. Freshwater Ecoregions of the World. Consultado o 26 de maio de 2014

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar