O río Indigirka (en ruso: Индиги́рка; en iacut: Индигиир, Indigiir) é un río siberiano, localizado no extremo oriental de Rusia. Ten unha lonxitude de 1726 km e unha ampla conca de 360 000 km², a novena maior das concas primarias de Rusia.

Modelo:Xeografía físicaRío Indigirka
(sah) Индигиир Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
ContinenteAsia Editar o valor en Wikidata
División administrativaRepública de Sakha, Rusia Editar o valor en Wikidata
Final
LocalizaciónMar de Siberia Oriental Editar o valor en Wikidata
Mapa
 63°06′41″N 144°11′07″L / 63.1114, 144.1853
71°26′44″N 150°51′39″L / 71.4456, 150.8608
Afluentes
20
Características
Dimensións1.726 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica360.000 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Caudal1.570 m³/s Editar o valor en Wikidata

Administrativamente, o río discorre integramente pola república de Sakha da Federación de Rusia.

Xeografía

editar

O río Indigirka nace na vertente setentrional dos montes Suntar-Khaiata, que constitúen unha prolongación da cordilleira Verkhoiansk, case na fronteira oriental entre Sakha e o óblast de Magadan. Xorde da unión de varios afluentes, sendo os máis importantes o río Chastach e o río Taryn-Khurkhach. Corre inicialmente en dirección noroeste, para cruzar a meseta de Oymyakon, onde baña a cidade homónima de Oymyakon (célebre por ser o lugar habitado máis frío do planeta). Despois duns poucos centos de quilómetros, baña a cidade máis grande do seu curso, Ust-Nera, que se atopa na confluencia dun dos seus afluentes, o río Nera (331 km). Nesa cidade unha ponte atravesa o río.

Chega despois ás montañas Cherski, que franquea transversalmente por unha fonda entalladura, un longo, estreito e sinuoso val. Neste tramo recibe pola dereita o río Moma (406 km) e augas abaixo, ao pouco, está a localidade e porto de Khonuu, o punto en que o río comeza a ser navegábel ata a desembocadura. O río continúa cara ao norte, cruzando o círculo polar ártico para, a continuación, pasar as montañas de Moma. Entra nas chairas de Siberia Oriental (rexión coñecida como as chairas do Khana e do Indigirka, polo nome dos principais ríos) e baña as localidades de Krest-Major e Druzhina, nun tramo no que recibe, pola esquerda, dous dos seus afluentes máis importantes, o río Selennkhach (796 km) e o río Ukhandina (586 km e 177 000 km² de conca). O río entra entón na súa parte final, discorrendo sempre cara ao norte, bañando o asentamento de Čokurdach para, uns 100 km antes da desembocadura, dividirse en dous ramais: o Prot, pola esquerda e o Russko Ustinskaia, pola dereita. Forma un gran delta, que abrangue uns 5500 km2, a través do que desauga no mar de Siberia Oriental, na baía de Kolyma. Nunha das bocas do delta está a localidade de Tabor.

O nivel de poboamento é moi baixo, aínda que no curso alto é similar ao dalgúns outros ríos siberianos.

A conca ten importantes recursos minerais, como xacementos de ouro. Tamén se desenvolve a actividade pesqueira, especialmente en zonas próximas á boca, coa captura de especies como o coregono branco, o muksum, o salmón branco, o Coregonus autumnalis e o Coregonus lavaretus, entre outros.

Paisaxe

editar

O río Indigirka atravesa unha rexión dominada pola taiga, que é substituída por unha tundra boscosa e despois pola tundra ao achegarse á costa. Na rexión poboada máis fría do mundo, o baixo contido de auga no chan e a presenza de permafrost non permite o crecemento de grandes plantas, senón que está poboado por liques, fieitos e arbustos.

editar

O río Indigirka é navegábel 1154 km río arriba dende a dende a desembocadura, ata aproximadamente a confluencia co río Moma, despois da cal hai unha zona de perigosos rápidos. É un tramo no que navegan grandes embarcacións, sendo os principais portos Khonuu, Druzhina, Chokurdakh e Tabor, case na costa. Nas proximidades de Ust-Nera o río é navegábel mais só para embarcacións pequenas.

Historia

editar

O illado pobo de Ruskoye Ustie, preto da boca do río Indigirka, é coñecido pola singular cultura tradicional dos colonos rusos cuxos antepasados chegaron alí hai varios séculos.[1] En 1638 o explorador Ivan Rebrov alcanzou o río.[2]

En 1892-94, o barón Eduard Toll levou a cabo os estudos xeolóxicos nas concas do río Indigirka (e tamén do río Iana e o río Kolyma).[3] Durante un ano e dous días, a expedición cubriu 25 000 km, dos que 4200 foron en ríos, levando a cabo os estudos xeodésicos. Debido ás dificultades da expedición e ao seu arduo labor, a Academia Rusa de Ciencias outorgou a Eduard Toll a Gran Medalla de Prata de N.M. Przewalski.

Hidroloxía

editar

O clima da zona é tan extremo que o río está conxelado a maior parte do ano, dende outubro ata maio-xuño. Atópanse na súa conca algunhas das localidades máis frías da Terra, en primeiro lugar a aldea de Oymyakon. Debido ás condicións meteorolóxicas, os niveis máis altos de caudal obsérvanse no verán, cando estes valores soben en media até 11 500 m³/s.

  1. Tatyana Bratkova "Russkoye Ustye". Novy Mir, 1998, no. 4 (en ruso)
  2. Lantzeff, George V., and Richard A. Pierce (1973). Eastward to Empire: Exploration and Conquest on the Russian Open Frontier, to 1750. Montreal: McGill-Queen's U.P. 
  3. William Barr, (1980) «Baron Eduard von Toll’s Last Expedition: The Russian Polar Expedition, 1900-1903 Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine.», en Arctic, 34 (Setembro), páx. 201-224.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • William Barr, Baron Eduard Von Toll's Last Expedition. Arctic, setembro de 1980.

Ligazóns externas

editar