En xeoloxía, denomínase permafrost ou permaxeo[1] á capa permanentemente conxelada nos niveis superficiais do chan das rexións moi frías ou periglaciais como é a tundra. Pode encontrarse en áreas circumpolares do Canadá, Alasca e norte de Europa entre outras, así como na zona de moi alta montaña.

Mapa que amosa a extensión do permafrost no mundo.

A importancia do permafrost no secuestro de gases de efecto invernadoiro -como dióxido de carbono ou metano que se liberarían pola descomposición de plantas mortas- e a súa liberación polo aumento de temperaturas é considerado un problema climático.[2]

Etimoloxía

editar

A etimoloxía de permafrost vén do inglés (perma- de permanent =permanente e frost= xeado), a palabra foi acuñada en 1943 por S. W. Muller.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar

 
 Este artigo sobre xeoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.