Cordilleira Verkhoiansk

A cordilleira Verkhoiansk (en ruso: Верхоянский хребет; Verkhoianskii khrebet; en iacut: Үөһээ Дьааҥы сис хайата, Üöhee Caañı sis xayata), é unha cadea monstañosa de máis de 1200 km de lonxitude situada no norte de Rusia, a ambos os lados do círculo polar ártico e no centro da Siberia Oriental.

Cordilleira Verkhoians
Верхоянский хребет / Үөһээ Дьааҥы сис хайата
Vista aérea
Localización
Continente/sAsia
País/esRusia Rusia
Coordenadas67°N 129°L / 67, -129Coordenadas: 67°N 129°L / 67, -129
Datos
Principais cumesPico en Orulgan
Cota2409 msnm
Lonxitude1100
Orientaciónsueste-noroeste
Tipooroxenia alpina

Administrativamente, pertence á república de Sakha da Federación de Rusia.

Xeografía editar

Este macizo forma un grande arco de 1200 km entre os ríos Lena e Aldan no oeste e o río Iana no leste. NA cordilleira nacen moitos ríos: na vertente oriental, Sartang, Durgalach, Yana, Bytantaj e Omoloi e na vertente occidental, ríos máis curtos que verten case todos ao Lena e ao Aldan.

O punto culminante elévase no sur ata os 2049 m. O asentamento máis importante da rexión é Verkhoiansk, na beira do río Iana. Augas abaixo deste río atópase outro poboado, Batagaj.

Na rexión hai xacementos de carbón, prata, chumbo e zinc. A cordilleira está situada xusto ao oeste da unión entre a placa eurasiática e a placa norteamericana.[1]

Clima e flora editar

As temperaturas máis baixas en lugares habitados foron rexistradas nesta rexión, que adoita permanecer cuberta baixo un profundo manto de neve a maior parte do ano. Durante a última glaciación, a cordilleira tiña extensos glaciares. A paisaxe no verán é o típico das montañas alpinas.

A cordilleira é o fogar da tundra alpina, con varias especies de musgos e liques.[2] Atópanse algúns bosques esparexidos principalmente de lárices e Pinus pumila.[3]

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. News Archive - The Earth Institute at Columbia University
  2. "Verkhoyansk Mountains". Encyclopædia Britannica. Encyclopædia Britannica, Inc. Consultado o 11 de abril de 2017. 
  3. Verkhoyansk Range // Great Soviet Encyclopedia: [in 30 vols.] / Ch. ed. A.M. Prokhorov. - 3rd ed. - M. Soviet Encyclopedia, 1969-1978.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar