Río Dviná Setentrional
O río Dviná Setentrional, tamén chamado Dviná do Norte, (ruso: Северная Двина, Sévernaya Dviná) é un río do norte da Rusia europea que flúe en dirección noroeste até desembocar na baía Dviná, no mar Branco. Ten unha lonxitude nominal de 748 km (que alcanzan os 1685 km coa súa fonte, o río Sújona-Kubena) e drena unha gran conca de 357 000 km², a 5.ª de Europa e a 10.ª conca rusa. Un sistema da súa cuenca é aínda máis largo, o formado por Dviná Setentrional—Víchegda que chega aos 1840 km (680 km do propio Dviná e 1160 km do Víchegda) o que o sitúa como o sexto río máis longo de Europa, tras o Volga, Danubio, Ural, Dniéper e Don. Administrativamente, discorre polos óblast de Vólogda e Arcanxo.
Tipo | río | |||
---|---|---|---|---|
Inicio | ||||
Continente | Europa | |||
División administrativa | Oblast de Vologda, Rusia (pt) e Óblast de Arjánguelsk, Rusia | |||
Final | ||||
División administrativa | Óblast de Arjánguelsk, Rusia | |||
Localización | Baía do Dvina (pt) | |||
| ||||
Afluentes | 87 | |||
Características | ||||
Dimensións | 744 () km | |||
Superficie da cunca hidrográfica | 357.000 km² | |||
Medicións | ||||
Caudal | 3.490 m³/s | |||
Etimoloxía
editarSegundo o Dicionario Etimolóxico do lingüista ruso-xermano Max Vasmer, o nome do río foi tomado do Dvina Occidental. O hidrónimo Dvina non provén das linguas urálicas; con todo, a súa orixe non está claro. Posiblemente sexa unha palabra indoeuropea que adoitaba significar 'río' ou 'arroio'.[1]
En idioma komi, o río chámase Вы́нва/Výnva, de vyn, 'poder', e vai, 'auga, río', polo tanto, 'río poderoso'.
Historia
editarA área foi poboada orixinalmente polos pobos ugrofineses e logo colonizada pola república de Novgorod. A única excepción foi Veliky Ustyug, que formaba parte do principado de Vladimir-Suzdal. O resto da conca do Dvina Setentrional estaba controlada por Novgorod. Veliky Ustyug foi mencionada por primeira vez nas crónicas en 1207, Shenkursk en 1229 e Solvychegodsk foi fundada no século XIV. No século XIII, os comerciantes de Novgorod xa chegaban ao mar Branco. A área era atractiva en primeira instancia debido ao comercio de peles. A principal vía fluvial dende Novgorod cara ao Dvina Setentrional ía ao longo do Volga e o seu afluente, o Sheksna, ao longo do río Slavyanka até o lago Nikolskoye; daquela as embarcacións eran porteadas por terra até o lago Blagoveshchenskoye; dende alí, augas abaixo ao longo do río Porozovitsa até o lago Kubenskoye, e máis aló até o Sújona e o Dvina Setentrional.[2]
Dende o Dvina Setentrional, había varias formas de chegar á conca do Mezen (dende onde os comerciantes podían chegar á conca do Pechora e á do Obi). Unha era remontar augas arriba polo Víchegda e o Yarenga, e logo por terra até o río Vashka. Outra tamén ía río arriba, polo Víchegda, seguía polo Vym e o Yelva, e logo, por terra, até o Irva e o Mezen. Outras dúas opcións incluían remontar río arriba polo Pinega e logo por terra até o Kuloy e até o Mezen, ou usar o Pukshenga e o Pokshenga para chegar ao Pinega, e logo dende o Yozhuga tomar botes por terra até o Zyryanskaya Yezhuga e o Vashka.[2] Desde o Víchegda, os comerciantes tamén podían chegar directamente á conca do río Pechora a través do Cherya e o Izhma, ou polo Mylva.
Desde o século XIV, Jolmogory (que fora fundado en 1177 augas abaixo da confluencia co Pínega, xa na parte final do río) foi o principal porto comercial no Dvina Setentrional, pero no século XVII perdeu esa condición ante o porto de Arjánguelsk, que fora fundado en 1584 por Iván IV de Rusia. E aínda retendo até 1762 Jolmogory a sede da eparquía de Jolmogory e Vaga —dende 1732 coñecida como eparquía de Jolmogory e Archangelogorod—, que tiña a xurisdición sobre todo o norte de Rusia, incluído o mosteiro Solovetsky. Arjánguelsk estaba localizado uns 50 km augas baixo de Jolmogory, xa na boca do estuario. De 1553 a 1713, o río foi practicamente a única arteria comercial segura que conectaba o centro de Rusia con Arjánguelsk, que pasou a ser o principal porto do comercio marítimo entre Rusia e os países do norte e oeste de Europa.
Pedro I de Rusia cambiou totalmente a situación, fundando a cidade de San Petersburgo en 1703, abrindo así o camiño para o comercio do mar Báltico e construíndo a estrada entre San Petersburgo e Arjánguelsk a través de Kargopol. San Petersburgo converteríase na capital do imperio ruso. Iso provocou que Arjánguelsk entrase nunha profunda decadencia no século XVIII, xa que o comercio polo mar Báltico predominaba sobre o do mar Branco. O comercio volveu florecer no XIX, tras completarse a liña do ferrocarril con Moscova. Hoxe é un importante porto pesqueiro e madeireiro. O río perdeu rapidamente o seu papel como ruta comercial líder, que se acelerou coa construción do ferrocarril entre Vologda e Arjánguelsk entre 1894 e 1897. A boca do Dvina foi considerada polo Imperio ruso como un lugar estratéxico para a defensa de Arjánguelsk no camiño cara ao centro da Rusia europea.
O Dvina Setentrional foi escenario de varias batallas durante a Guerra Civil Rusa, moitas das cales involucraron ao exército intervencionista do acordo como parte da súa Campaña do Norte de Rusia. Unha flotilla especial do Dvina Setentrional existiu durante a Guerra Civil.
Xeografía
editarO río Dviná Setentrional nace da confluencia do río Sújona e o río Yug, preto da cidade de Veliki Ústiug (33 419 hab. no ano 2002), na parte oriental do óblast de Vólogda.[Nota 1] O río discorre primeiro en dirección norte, por unha zona pantanosa e cuberta de bosques moi rica píscicolamente. Tras chegar a Krasávino (8211 hab.) abandona pronto o óblast de Vólogda e penétrase, pola parte meridional, no Óblast de Arjángelsk. Pasa primeiro por Privódino e ao pouco chega á cidade de Kotlas (60 600 hab.), a máis importante do seu curso medio, onde recibe pola esquerda ao río Víchegda. Vira o Dviná a partir de aquí cara ao Noroeste, atravesando as localidades de Úsovo, Derevénskaya e Krasnoborsk (7193 hab.), na que recibe, pola dereita, ao río Úftiuga (na conca do Dviná hai outro río co mesmo nome, un afluente do Sújona). Neste tramo o río cruza unha zona de outeiros na que o seu curso se estreita e está bordeado por escarpadas beiras nas que finaliza o bosque.
Continua augas abaixo na mesma dirección noroeste, chegando a Cherevkovo (3614 hab.), para entrar logo nun tramo no que se incorporan un grupo de pequenos afluentes por ambas marxes: pola esquerda, os ríos Avniuga, Yumiz, Kódima; e, pola dereita, os ríos Erga e Nondrus. Segue chegando ás localidades de Póchegda (3050 hab.), Cámovo, Konetsgorie e Ust-Vaga, onde recibe, pola esquerda, outro dos seus afluentes importantes, o río Vaga. Chega a continuación o Dviná a Bereznik (8053 hab.), Osínovo (1617 hab.) e Ust-Vayenga (1431 hab.), onde recibe, pola dereita, ao río Vayenga. Segue por Hetogo e aquí vira en dirección Norte, chegando ao pouco a Kali, Lipovik, Zacacev e Emetsk, onde recibe pola dereita ao río Emca e ao pouco, pola esquerda, ao Puksenga. Segue o seu curso chegando a Bol Gorá, Brian Návolok, Kopacevo, Tovra e Ust-Pínega, onde recibe, pola dereita, ao río Pínega, outro longo afluente procedente do Nordés. A partir de aquí o Dviná xira en dirección noroeste e corre pola meseta do mar Branco e do Kuloj. O seu curso divídese en varios brazos e ensánchase moito, até 7 km e unha profundidade de 15 m, con varias illas importantes na canle. Chega á cidade de Novodvinsk (43 383 hab.) e logo forma un amplo delta duns 900 km², en cuxas marxes se atopan as máis importantes cidades de todo a súa discorrer, Arjángelsk (356 051 hab.) e Severodvinsk (201 551 hab.). Desauga finalmente no mar Branco, despois de 744 km de percorrido, na baía que leva o seu nome, baía Dvina, duns 100 km de lonxitude e uns 70 km de anchura media.
A conca do Dviná Setentrional é moi importante polo seu gran tamaño (357 000 km²), comprende parte do territorio da República de Komi e dos óblast de Arjánguelsk, Kírov, Kostromá e Vólogda. En xeral é unha rexión con baixa densidade de poboación por mor de frío, na súa maioría son bosques boreales de coníferas.
Navegación
editarO río Dviná Setentrional é navegable dende o principio até o final, pero permanece conxelado a partir de decembro até abril. Tamén se utiliza moito para o transporte de madeira frotando.
O río é unha das arterias fluviais máis importantes do norte da Federación de Rusia e algúns dos seus tramos forman parte da vía navegable Volga-Báltico, que conecta o mar do Norte e o mar Mediterráneo. As dúas son as canles artificiais que permiten esta navegación, un deles abandonado:
- Canle do Dviná Setentrional, unha canle de 64 km, finalizado en 1828 (antigamente coñecido como canle Aleksandr de Wurtemberg, ministro de transporte da época). A canle conecta o lago Kúbenskoye (407 km²), localizado na parte meridional do óblast de Vólogda, que é a fonte do río Sújona, co río Sheksna, un afluente do río Volga. En 1917 construíuse unha presa na saída do río Sújona e o lago paso converterse nun encoro.
Hidroloxía
editarO Dviná Setentrional ten un réxime fluvial pluvio-nival, cunha dominante nival. Ten un sistema similar ao do resto de ríos de Rusia: os meses de inverno e a primeira parte da primavera o caudal é mínimo (mínimo en marzo), pero aumenta rapidamente co desxeo de primavera (máximo en maio). O caudal medio de auga ao ano na súa cabeceira é de 770 m³/s (Mosquera, na confluencia do Sújona) e na súa boca é de case 3.500m³/s; o máximo de maio tradúcense nunha importante crecida do nivel do río, que pode alcanzar os 14 m no seu curso inferior.
O Dviná Setentrional permanece conxelado durante un longo período, xeralmente, entre finais de outubro a principios de novembro e finais de abril a principios de maio.
Gráfica de evolución de Río Dviná Setentrional entre xaneiro e decembro |
Fauna
editarAo redor de 30 especies de peixes viven no río, como o esturión esterlete, o salmón branco nelma, o coréxono branco, coregonus pidschian, a brema etc.[4]
Notas e referencias
editarNotas
editar- ↑ Todos os habitantes das localidades que se citan neste artículo corresponden ao Censo ruso de 2002.
Referencias
editar- ↑ Copia arquivada (en ruso). p. 161. Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2017. Consultado o 1 de xuño do 2020.
- ↑ 2,0 2,1 Star Puti (en ruso). Moscow: Физкультура и спорт. 1985. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2011. Consultado o 08 de xullo de 2020.
- ↑ Канал из прошлого: Чердынский "великий путь" спустя почти 200 лет может стать памятником («Unha canle dende o pasado: case 200 anos máis tarde, o Gran Camiño de Cherdýn pode convertirse nun monumento»). Izvestia, 26 de xuño de 2007 (en ruso).
- ↑ Северная Двина / Магрицкий Д. В. // Румыния — Сен-Жан-де-Люз. — М. : Большая российская энциклопедия, 2015. — С. 620. — (Большая российская энциклопедия : [в 35 т.] / гл. ред. Ю. С. Осипов; 2004-2017, т. 29). — ISBN 978-5-85270-366-8.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Dviná Setentrional |
Ligazóns externas
editar- Britannica.com - Northern Dvina, (en inglés).
- Northern Dvina, (en inglés).
- Gran Enciclopedia Soviética, (en ruso).