Holocéfalos

subclase de peixes cartilaxinosos
(Redirección desde «Quimera (peixe)»)
Holocéfalos
(Holocephali)
Quimeras

Rango fósil: Devoniano - actualidade

Hydrolagus colliei
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Chondrichthyes
Subclase: Holocephali
Bonaparte, 1832-41 ?
Orde: Chimaeriformes
Obruchev, 1953
Familia: Chimaeridae
Bonaparte, 1831
Xéneros actuais

Os holocéfalos (Holocephali, do grego ὅλος hólos, 'todo' e κεφαλή kephalé, 'cabeza', isto é, "nos que todo é cabeza")[1] son unha subclase de peixes cartilaxinosos (Chondrichthyes).

Reconstrución dun Iniopteryx sp. do paleozoico.
Chimaera monstrosa.

Só unha orde, a dos quimeriformes (Chimaeriformes), con tres familias que reúnen 47 especies, chamadas quimeras ou tiburóns fantasmas, sobreviven na actualidade,[2] pero o grupo foi moi diverso en épocas pasadas.

A morfoloxía destes animais coñécese desde o Devoniano, porén, a relación das formas fósiles coas actuais é aínda incerta.[3] A maioría dos expertos sospeitan que este taxon é en realidade un grupo parafilético.[4]

Características editar

O seu estraño aspecto, no que destaca unha gran cabeza protuberante, cunha boca que se asemella á dun coello, e cunha longa cola recorda á dunha rata, valeulles o nome de quimeras, que toman do monstro da mitoloxía grega formado por partes de diversos animais. Alcanzan tamaños de até 2 m, dos cales a maior parte corresponden á súa desmesurada cola. Unha espiña velenosa situada diante da aleta dorsal permítelles inxectar veleno a calquera animal que os ataque.

A diferenza dos tiburóns e as raias, as súas catro branquias están cubertas exteriormente por unha membrana de pel, análoga ao opérculo dos peixes óseos.[5] Os adultos carecen de espiráculo circular (que estaría derivado da primeira abertura branquial), presente unicamente de forma temporal no desenvolvemento embrionario.[6] Así mesmo, a mandíbula superior está fusionada co resto do cranio e presentan orificio anal e uroxenital separados.

Taxonomía editar

Os holocéfalos contan cun importante rexistro fósil a partir do Devoniano, con numerosas ordes extintas.[7]

Subclase Holocephali

Unha das especies máis coñecidas é a quimera monstruosa (Chimaera monstrosa).

Notas editar

  1. "Diccionario médico-biológico, histórico y etimológico". Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2009. Consultado o 15 de novembro de 2012. 
  2. "Order Summary for Chimaeriformes". fishbase.mnhn.fr. Consultado o 2022-04-13. 
  3. Kardong, Kenneth V. (2007): "Historia de los vertebrados" en Vertebrados. Anatomía comparada, función y evolución. Madrid: McGraw-Hill-Interamericana de España, S. A. U. ISBN 978-84-481-5021-1.
  4. Ommanney, F. D. (1970): Los Peces. Time Life. Colección de la naturaleza de Time-Life.
  5. Holocéfalos
  6. Kardong, K. V (2007), Op. cit.
  7. Mikko's Phylogeny Archive - Chondrichthyes
  8. "The Paleobiology Database - Eugeneodontiformes". Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2008. Consultado o 15 de novembro de 2012. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Compagno, Leonard J. V. e Hamlett, William C., eds. (1999): Checklist of Living Elasmobranchs. Sharks, Skates, and Rays: The Biology of Elasmobranch Fishes. Baltimore: Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-6048-2.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar