Quián, Sergude, Boqueixón

lugar da parroquia de Sergude, no concello de Boqueixón


Quián é un lugar da parroquia de Sergude no concello coruñés de Boqueixón, na comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal (INE) en 2013 tiña 29 habitantes (15 homes e 14 mulleres).

Quián
ParroquiaSergude
ConcelloBoqueixón
Coordenadas42°49′17″N 8°27′43″O / 42.8215, -8.4619
Poboación29 hab. (2013)
editar datos en Wikidata ]

O pazo de Quián pertenceu á familia dos Campuzano. O edificio ten torre ameada cunha capela anexa, e no recinto hai un cruceiro de plataforma octogonal con pedestal, cruz e remates floreados. O pazo, pertencente á Xunta de Galicia, acolle a sede da Asociación pura raza do cabalo galego, as denominacións de orixe do queixo de tetilla, mel de Galicia e augardente de Galicia, así como o Centro de Formación e Experimentación Agro-Forestal de Sergude.[1]

  1. Pazo de Quián, na páxina web de Turismo de Galicia.

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Sergude

editar
Lugares da parroquia de Sergude no concello de Boqueixón (A Coruña)

Deseiro de Abaixo | Deseiro de Arriba | A Eirexe | Gándara | Lamas | Mareque | Noenlle | Pumares | Quián | Rodiño Grande | Rodiño Pequeno | Vilar

Parroquias de Boqueixón

editar
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Boqueixón

Boqueixón (San Vicente) | Codeso (Santaia) | Donas (San Pedro) | Gastrar (Santa Mariña) | A Granxa (San Lourenzo) | Lamas (Santa María) | Ledesma (San Salvador) | Lestedo (Santa María) | Loureda (San Pedro) | Oural (Santa María) | Pousada (San Lourenzo) | Sergude (San Breixo) | Sucira (Santa Mariña) | Vigo (Santa Baia)