Pygoscelis antarcticus

Pygoscelis antarcticus

illa Decepción, Shetland do Sur
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Sphenisciformes
Familia: Spheniscidae
Xénero: Pygoscelis
Especie: P. antarcticus
Nome binomial
Pygoscelis antarcticus
(Forster, 1781)
Sinonimia

Pygoscelis antarctica Turbott, 1990

Pygoscelis antarcticus é unha especie de pingüín que habita en diversas illas e baías do Pacífico sur e o océano Glacial Antártico. Ten unha característica liña fina negra que lle cruza a cara de modo que parece que leva un casco negro, o que fai que sexa un dos pingüíns máis doados de identificar.

Colonia de P. antacticus preto de Orne Harbor, Península Antártica
Vista frontal da cabeza
Adulto con crías
Un exemplar na illa Decepción.
P. antarcticus tratando de subir a un iceberg na Antártida.

Descrición editar

Miden como media 72 cm de lonxitude e pesan de 3 a 5 kg, pero o seu peso pode baixar a só 3 kg dependendo do seu ciclo reprodutor. Os machos son máis grandes e pesados que as femias.[2]

As ás con forma de aleta dos adultos son negras con beiras brancas; o lado interno das ás é branco. A cara é branca, cor que se estende por detrás dos ollos, os cales son marróns avermellados; o queixo e a gorxa son brancos tamén, e o peteiro é curto e negro. A parte superior da cabeza é negra e unha liña negra fina cruza a cara pasando pola gorxa. As fortes patas e os pés palmados son rosas. As súas patas curtas e gordas danlle unha distintiva forma de andar. A súa plumaxe branca e negra permítelle camuflarse na auga de predadores como certas focas. Cando se ve desde arriba o dorso negro da ave fusiónase coas augas escuras de abaixo, e se o ven desde abaixo, o seu ventre branco camúflase co brillo que produce o sol.[3]

Distribución e hábitat editar

Teñen unha distribución circumpolar. Reprodúcense na Antártida, Arxentina, illa Bouvet, Chile, as illas Malvinas (ou Falkland), e os Territorios franceses do sur, en Xeorxia do Sur e as illas Sandwich do Sur. Individuos errantes atopáronse en Nova Zelandia, as illas de Santa Helena e Tristan da Cunha e en Suráfrica. A poboación global estímase en polo menos 8 millóns de individuos.[1]

Ecoloxía e comportamento editar

A súa dieta consiste en krill, camaróns, peixes e luras. Para capturalos nadan uns 80 km cada día en mar aberto. Pode resistir nadando en augas en conxelación debido a que ás súas plumas están moi estreitamente empaquetadas, o que lle proporciona impermeabilidade. Ten grosos depósitos de graxa que tamén lle proporcionan illamento térmico, e vasos sanguíneos nas ás e patas nos que evolucionaron intricadas estruturas para darlle calor.[3]

En terra constrúe niños circulares con pedras, nos que pon dous ovos, que son chocados tanto polo macho como pola femia que fan quendas durante 6 días. Os polos eclosionan pasados 37 días, e teñen dorsos grises esponxosos e partes frontais claras. Os pitos permanecen no niño durante de 20 a 30 días antes de que se xunten con outros en garderías. Cando teñen de 50 a 60 días de vida, mudan a pluma, cubríndose coas plumas de adulto e parten para o mar.[4]

O predador do adulto é a foca leopardo. Os ovos e polos poden ser presas de aves, como os Chionis e o Stercorarius antarcticus.[4]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Pygoscelis antarcticus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2012. Consultado o 26 de novembro de 2013. 
  2. "Pygoscelis antarcticus - Chinstrap penguin". Animal Diversity Web. 
  3. 3,0 3,1 "Chinstrap Penguin Fact Sheet". Lincoln Park Zoo. 
  4. 4,0 4,1 "Chinstrap Penguin". The Animal Files. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar