Pura Tejelo
Pura Tejelo Núñez, nada na Coruña en 1953, é unha poeta galega.
Pura Tejelo | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1953 |
Lugar de nacemento | A Coruña |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | poeta e escritora |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Licenciada en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, traballou como docente en bacharelato dando clase de lingua galega. Ocupou cargos de xestión na Agrupación Cultural O Facho. Estudou debuxo e deseño publicitario na Escola Picasso da Coruña.[1]
En 2014 gañou o segundo premio do II Certame de Poesía en Lingua Galega Manuel María coa obra Éramos deuses entre a herba seca de agosto. En 2016 gañou o Premio Johán Carballeira co poemario A elegancia do século. Tamén publicou nas revistas Dorna e Festa da Palabra Silenciada. En 2021 o Patronato da Cultura Galega de Montevideo dedicoulle o Día da Poesía Galega na súa 29ª edición.[2][3]
Participa en Poetas Di(n)versos o 28 de febreiro do 2022 xunto coa escritora colombiana Piedad Bonnet.
Obras Editar
- A elegancia do século (2017. Vigo: Xerais. 72 páxs. ISBN 978-84-9121-154-9 (2ª).[4]
- As Horas de Hanna (2019). Pontevedra: Urutau. 96 páxs.[5] ISBN 978-85-7105-152-2.
Con Neves Soutelo e Silvia Penas na Libraría Paz de Pontevedra en xaneiro de 2023
Notas Editar
- ↑ "» Pura Tejelo". Consultado o 2023-01-19.
- ↑ "Pura Tejelo". www.aelg.gal. Consultado o 2023-01-19.
- ↑ "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2023-01-19.
- ↑ "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2023-01-19.
- ↑ "» As horas de Hanna". Consultado o 2023-01-19.
- ↑ Escuredo, A. (2022-05-04). "Pura Tejelo: "Máis que un mes do ano é unha maneira de posicionarse na vida, parar e pensar de vagar"". Nós Diario. Consultado o 2023-01-19.
- ↑ "» Novembro". Consultado o 2023-01-19.