Psidium cattleianum

especie de planta

Arazá

Arazá (Psidium cattleianum)
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Rosidae
Orde: Myrtales
Familia: Myrtaceae
Subfamilia: Myrtoideae
Tribo: Myrteae
Xénero: Psidium
Especie: P. cattleianum
Nome binomial
Psidium cattleianum
Sabine
Sinonimia
  • Episyzygium oahuense Suess. & A.Ludw.
  • Eugenia ferruginea Sieber ex C.Presl
  • Eugenia oxygona Koidz.
  • Eugenia pseudovenosa H.Perrier
  • Eugenia urceolata Cordem.
  • Guajava cattleiana (Afzel. ex Sabine) Kuntze
  • Guajava obovata (Mart. ex DC.) Kuntze
  • Psidium ferrugineum C.Presl
  • Psidium indicum Bojer nom. inval.
  • Psidium littorale Raddi
  • Psidium obovatum Mart. ex DC.
  • Psidium variabile O.Berg

O arazá[1] ou goiaba vermella[2] é unha árbore da especie Psidium cattleianum, da familia Myrtaceae.[3]

Etimoloxía editar

"Arazá" é proveniente do termo tupí ara'sá[4][5].

Características editar

Pequena árbore non pioneira, con altura máxima de 9 metros e copa rara. Perennifolia, vive en ambientes húmidos e iluminados.[6]

 
Flor de arazá nas Illas Reunión

O tronco tortuoso ten casca lisa que descama en placas finas. As follas son coriáceas e glabras, con até 10 cm de lonxitude. As flores son axilares, solitarias, brancas, e aparecen fundamentalmente na primavera e verán.[7]

Os froitos son bagas arredondadas, coroadas polo cáliz persistente, de polpa suculenta esbrancuxada, semellantes a unha goiaba pequena e de sabor máis acedo. Aparecen entre o outono e o inverno[7]. Os arazás pódense comer crus ou procesados de diversas maneiras.[8]

Na variedade Psidium cattleyanum var. cattleyanum, os froitos son vermellos, mentres que P. cattleyanum var. litorale ten froitos amarelos[7].

 
Froitos de arazá vermello

As sementes son dispersadas por animais, principalmente paxaros e mamíferos.[8]

Ocorrencia editar

A especie é nativa do Brasil e o Uruguai, pero naturalizouse en rexións tropicais e subtropicais da América do Norte, África, Australasia e o Pacífico, onde se pode comportar como invasora.[8]

 
Ramo con froitos de arazá amarelo na illa de Maui, en Hawai

Notas editar

  1. Fravernero (quinta feira, decembro 11, 2014). "Trasalba: Arazá Vermello". Trasalba. Consultado o 2022-03-10. 
  2. González González, Manuel; Veiga Mateos, Inés; Romarís Hortas, Sandra; Paz Lema, María Jesús; Duyos Míguez, Marta (2012). Dicionario de alimentación e restauración galego-castelán-inglés (PDF). Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades - Xunta de Galicia. p. 127. ISBN 978-84-453-5056-0. Consultado o 2022-03-10. 
  3. "Psidium cattleyanum Sabine GRIN-Global". npgsweb.ars-grin.gov. Consultado o 2022-03-10. 
  4. FERREIRA, A. B. H. Novo Dicionário da Língua Portuguesa. Segunda edição. Rio de Janeiro: Nova Fronteira, 1986. p.153
  5. Infopédia. "araçá | Dicionário Infopédia da Língua Portuguesa". Infopédia - Porto Editora (en portugués). Consultado o 2022-03-10. 
  6. Lorenzi, Harri: Árvores brasileiras: manual de identificação e cultivo de plantas arbóreas do Brasil, vol. 1. Instituto Plantarum, Nova Odessa, SP, 2002, 4a. edição. ISBN 85-86174-16-X
  7. 7,0 7,1 7,2 "Psidium cattleianum var. cattleianum". keyserver.lucidcentral.org. Consultado o 2022-03-10. 
  8. 8,0 8,1 8,2 "Factsheet - Psidium cattleianum (Strawberry Guava)". keys.lucidcentral.org. Consultado o 2022-03-10. 

Véxase tamén editar


 
 Este artigo sobre botánica é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.