Abeto de Douglas

especie de planta
(Redirixido desde "Pseudotsuga menziesii")
Abeto de Douglas
Pseudotsuga menziesii Poland.jpg
Pseudotsuga menziesii en Varsovia.
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Pinophyta
Clase: Pinopsida
Orde: Pinales
Familia: Pinaceae
Xénero: Pseudotsuga
Especie: P. menziesii
Nome binomial
Pseudotsuga menziesii
(Mirb.) Franco[1]
Distribución

Distribución
Pseudotsuga menziesii

O abeto de Douglas,[2] tamén coñecido como piñeiro de Oregón, (Pseudotsuga menziesii) é unha árbore do xénero Pseudotsuga orixinaria de América do Norte.

En Galicia é moi empregado con fins ornamentais e en repoboacións forestais.

DescriciónEditar

 
Pseudotsuga menziesii.

É unha árbore de folla perenne e monoica. Adoita chegar aos 75 m de altura, aínda que existen exemplares de ata 100 metros. Está considerada como unha das árbores máis altas do mundo. O abeto máis alto de que se ten constancia era coñecido como "Mineral Tree". Medrou preto de Mount Rainier, en Washington; tiña 1020 anos de idade e 119,8 m de altura, e caeu en 1930. Na actualidade o máis alto é o abeto "Brummit", descuberto en 1991 en Coos County, no Estado de Oregon. Mide 100,27 m de altura e 3,5 m de diámetro, e ten un volume de 296,63 m³.

A súa cortiza é grosa, máis ou menos profundamente fendida e de cor marrón avermellada. As follas son acículas flexibles e acanaladas na face, de 2 a 3 cm de lonxitude e de cor verde escura, cun forte olor a limón ou mandarina ao fretar. As inflorescencias masculinas son verde-amareladas e as femininas verdosas ou vermellas. Piña grande, de cor marrón clara e con brácteas que sobresaen entre as escamas.

UsosEditar

Utilizada con fins ornamentais e como madeira, ten moitas aplicacións na carpintaría e úsase, ademais, para facer pasta de papel, vigas, travesas de ferrocarril etc.

NotasEditar

  1. Douglasia verde, pág. 18 - Gregor Aas y Andreas Riedmiller: Gran Guía de la Naturaleza, editorial Everest, traductor Eladio M. Bernaldo de Quirós, ISBN 84-241.2663.5, 4.ª edición, 1993.
  2. Xusto Rodríguez Río (coordinación) (2004). Servizo de Normalización Lingüística da USC, ed. Termos esenciais de botánica (PDF). p. 18. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar