Abrir o menú principal

Primitivo Iglesias

político español

Primitivo Iglesias Sierra, nado en Santo André de Loboso (A Pastoriza) o 18 de xullo de 1950, é un escritor, tradutor, mestre e político galeguista ligado ao PSdeG.

Primitivo Iglesias
Primitivo Iglesias 2013.jpg
Primitivo Iglesias nunha rolda de prensa en 2013.
Nacemento18 de xullo de 1950 (69 anos)
 Santo André de Loboso, A Pastoriza, Galicia Galicia
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
EstudosFilosofía e Letras
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

É licenciado en Filosofía e Letras, pola rama de filoloxía moderna, na USC. Foi, até a súa xubilación en 2010, catedrático de Lingua e Literatura Galega no IES A Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo. Pasara antes por Sarria, entre 1977 e 1979, e mais por Ourense, entre 1979 e 1989.

Participou no XIX Congreso Internacional de Lingüística e Filoloxía Románica en Santiago de Compostela en 1989, así como tamén no Congreso Internacional de Lingüística organizado en Lugo no ano 2000. Dende 2007 é alcalde da Pastoriza polo PSdeG, co apoio do BNG.

Dende 2009 pertence a asociación cívica a prol da lingua galega ProLingua.


Predecesor:
José Yáñez García
  
Alcalde da Pastoriza
 
2007 - actualidade
Sucesor:
no cargo

ObraEditar

  • Vocabulario Gallego-Castellano (Argos-Vergara, 1984)
  • Diccionario Xerais da Lingua (Xerais, 1986)
  • Pequeno Diccionario Xerais da Lingua (Xerais, 1989)
  • Diccionario Castelán-Galego (Xerais, 1990)
  • Literatura Galega, 3º BUP (Anaya, 1991)
  • Gran Diccionario Xerais da Lingua (Xerais, 2000)
  • Novo Diccionario Xerais da Lingua (Xerais, 2002)
  • Gran Dicionario Xerais da Lingua Galega (Xerais, 2009)

Publicou artigos nas revistas Grial, A Trabe de Ouro, Irimia, Encrucillada ou Verba, e tamén columnas no diario lugués El Progreso.

Véxase taménEditar