Premios Chano Piñeiro
premio cinematográfico galego
Os premios Chano Piñeiro foron uns galardóns do audiovisual que concedeu a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Presidencia, entre 2006 e 2009. Levaban o nome de Chano Piñeiro, cineasta falecido en 1995. Non están relacionados cos premios Chano Piñeiro entregados en 2002 e que na actualidade se coñecen como premios Mestre Mateo. Os gañadores déronse a coñecer tradicionalmente en Forcarei, lugar natal de Chano Piñeiro.
Premios Chano Piñeiro | |
---|---|
Tipo | grupo de premios |
Data de fundación | 2006 |
Nomeado en referencia a | Chano Piñeiro |
País | España |
[ editar datos en Wikidata ] |
Edicións
editar2006
editarOs premiados neste ano foron[1]:
- Alejandro Amenábar e José Luís Cuerda, ex-aequo.
- Chano Piñeiro, premio de honra, que foi recollido pola súa viúva, Mari Luz Montes.
2007
editarOs premiados neste ano foron[2]:
- José Doval García, actor.
- Jaime de Armiñán, director.
2008
editarOs premiados neste ano foron[3]:
- Antonio Durán, Morris
- Eduardo Blanco
- Jorge Coscia, premio de honra.
- Tacholas, premio de honra.
2009
editarOs premiados neste ano foron:[4]
- Xavier Villaverde
- María Bouzas
- Carlos Velo, póstumo
- José Luis Cabo, póstumo
Notas
editar- ↑ "I Premio Chano Piñeiro". www.culturagalega.gal. Consultado o 16 de decembro de 2018.
- ↑ "José García y Jaime de Armiñán ganan el II Premio Chano Piñeiro". La Voz de Galicia (en castelán). 2007-11-27. Consultado o 2018-12-16.
- ↑ Lugo, El Progreso de (2008-12-19). "Los Premios Chano Piñeiro hermanan al cine gallego y argentino". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2018-12-16.
- ↑ "Agapi". Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2018. Consultado o 16 de decembro de 2018.