Abrir o menú principal

O Premio Turing é concedido anualmente pola Asociación para a Maquinaria de Computación (en inglés Association for Computing Machinery, ou ACM) a unha persoa pola súa contribución á computación.

A denominación do premio responde a Alan Mathison Turing, un matemático británico considerado un dos pais da ciencia da computación moderna. O premio é recoñecido como o "Premio Nobel da informática". Está patrocinado pola Intel Corporation e acompañado actualmente por un premio monetario de 250.000 dólares.

NacionalidadesEditar

A maior parte dos laureados son estadounidenses. De 1966 a 2009:

País Laureados Suma
  Estados Unidos 37 37
  Reino Unido 7 44
  Israel 4 48
  Canadá 2 50
  Noruega 2 52
  Países Baixos 1 53
  Checoslovaquia 1 54
  Dinamarca 1 55
  Grecia 1 56
  Venezuela 1 57
  China 1 58

LaureadosEditar

Ano Imaxe Nome País Citación
1966 1   Alan Perlis   Estados Unidos Programación avanzada e construción de compiladores.
1967 2   Maurice Vincent Wilkes   Reino Unido Coñecido polo proxecto do EDSAC, o primeiro computador cun programa embutido. Construído en 1949, o EDSAC usaba unha mercury delay line memory. É tamén autor, canda Wheeler e Gill, de "Preparation of Programs for Electronic Digital Computers" en 1951, no que bibliotecas de programas foron introducidas de forma eficiente.
1968 3   Richard Hamming   Estados Unidos Polo seu traballo en métodos numéricos, sistemas de códigos automáticos, e detectores e correctores de erros de código.
1969 4   Marvin Minsky Intelixencia artificial.
1970 5   James H. Wilkinson   Reino Unido Pola súa investigación na análise numérica que facilitou o uso de computadores dixitais rápidos, álxebra linear e análise de erros de "backward".
1971 6   John McCarthy   Estados Unidos A súa palestra "The Present State of Research on Artificial Intelligence".
1972 7   Edsger Dijkstra   Países Baixos Edsger Dijkstra foi o principal contribudor no final dos anos 1950 para o desenvolvemento do ALGOL, unha linguaxe de programación de alto nivel, modelo de claridade e rigor matemático. É un dos maiores expoñentes na arte e ciencia das linguaxes de programación, e contribuíu enormemente á comprensión da súa estrutura, representación e posta en funcionamento. Os seus quince anos de publicacións van dende artigos teóricos na teoría dos grafos até manuais, textos expositores, e filosofía contemplativa no campo das linguaxes de programación.
1973 8   Charles Bachman   Estados Unidos Pola súa contribución na tecnoloxía de banco de datos.
1974 9   Donald Knuth Polas súas contribucións na análise de algoritmos e proxecto de linguaxes de programación, en particular polas súas contribucións na "Arte da Programación de Computadores" (cunha serie de libros con este título).
1975 10   Allen Newell Por xuntar esforzos científicos durante máis de vinte anos, inicialmente en colaboración con J. C. Shaw na RAND Corporation, e subsecuentemente con numerosos colegas na Carnegie Mellon University, fixeron contribucións básicas na intelixencia artificial, psicoloxía da cognitividade humana, e proceso de listas.
11   Herbert Simon
1976 12 Michael Rabin   Israel Polo artigo "Finite Automata and Their Decision Problem", escrito por ambos, que introduciu a idea de máquina non determinista, co que se probou un concepto de enorme valor. O seu (Scott & Rabin) artigo foi fonte de inspiración para varios traballos neste campo.
13   Dana Scott   Estados Unidos
1977 14   John Backus Polas profundas e influentes contribucións no proxecto de sistemas prácticos de programación de alto nivel, principalmente a través do seu traballo no Fortran, e por publicacións importantes na especificación formal de procedementos de linguaxes de programación.
1978 15   Robert Floyd Por deixar unha clara influencia nas metodoloxías para a creación de software eficiente e fiable, e axudar a fundar os seguintes campos importantes da ciencia da computación: teoría do parsing, a semántica das linguaxes de programación, verificación automática de programas, programación automática, e análise de algoritmos.
1979 16   Kenneth Iverson   Canadá Polo seu esforzo pioneiro nas linguaxes de programación e na notación matemática nun campo coñecido hoxe como APL, polas súas contribucións para a introdución de sistemas interactivos, uso educativo das APL, e teoría e práctica das linguaxes de programación.
1980 17   C.A.R. Hoare   Reino Unido Pola súa contribución fundamental para a definición e proxecto de linguaxes de programación.
1981 18   Edgar Frank Codd Pola súa continua e fundamental contribución na teoría práctica dos sistemas xeradores de banco de datos.
1982 19   Stephen Cook   Estados Unidos Polo avance no entendemento da complexidade da computación de forma significante e profunda.
1983 20   Ken Thompson Polo desenvolvemento da teoría xeral de sistemas operacionais e especialmente pola introdución do sistema operacional UNIX.
21   Dennis Ritchie
1984 22   Niklaus Wirth   Checoslovaquia Por desenvolver unha serie de linguaxes de computador innovadoras, EULER, ALGOL-W, MODULA e PASCAL.
1985 23   Richard Karp   Estados Unidos Pola súa continua contribución na teoría dos algoritmos, incluíndo o desenvolvemento de algoritmos eficientes para fluxo de rede e outros problemas de combinación, a identificación de tempo-plinominal coa noción intuitiva de eficiencia do algoritmo e, máis notadamente, contribucións na teoría de NP-Completude.
1986 24   John Hopcroft Polas investigacións fundamentais no proxecto e análise de algoritmos e estruturas de datos.
25   Robert Tarjan
1987 26   John Cocke Polas contribucións significativas no proxecto e teoría dos compiladores, a arquitectura de varios sistemas e o desenvolvemento da arquitectura RISC.
1988 27   Ivan Sutherland Pola súa contribución visionaria e pioneira na computación gráfica, comezando co Sketchpad.
1989 28   William Kahan   Canadá Pola súa contribución fundamental na análise numérica.
1990 29   Fernando Corbató   Estados Unidos Polo seu traballo pioneiro organizando os conceptos e liderando o desenvolvemento de sistema de computación de general-purpose (propósito-xeral), large-scale (larga-escala), time-sharing(compartillamento de tempo) e resource-sharing (compartillamento de recursos) , CTSS e Multics.
1991 30   Robin Milner   Reino Unido Por tres diferentes contribucións: 1) LCF, a mecanización das funcións lóxicas de computación de Scott, probabelmente a primeira ferramenta práctica para unha máquina de demonstración de teoremas (machine assisted proof construction); 2) ML, a primeira linguaxe en incluír un tipo inferente polimórfico xunto a un tipo de mecanismo de tratamento seguro de excecións; 3) CCS, unha teoría xeral de computador concorrente. Alén disto, el formulou e avanzou fortemente na abstracción, o estudo do relacionamento entre a semántica operacional e de denotación (operational semantics/denotational semantics).
1992 31   Butler Lampson   Estados Unidos Polas contribucións no desenvolvemento de ambientes de computación persoal distribuídos e a tecnoloxía para a súa aplicación: workstations, rede de computadores, Sistemas operacionais, sistemas de programación, displays, seguranza e publicación de documentos.
1993 32   Juris Hartmanis En recoñecemento ao seu artigo no que estabeleceu as fundacións para o campo da teoría da complexidade computacional.
33   Richard Stearns
1994 34   Edward Feigenbaum Polo pioneirismo no proxecto de construción a gran escala de sistemas de intelixencia artificial, demostrando a importancia práctica e potencial comercial desta tecnoloxía.
35   Raj Reddy
1995 36   Manuel Blum   Venezuela En recoñecemento á súa contribución nos fundamentos da teoría da complexidade computacional e a súa aplicación na criptografía e validación de programas.
1996 37   Amir Pnueli   Israel Polo traballo introdutorio lóxica temporal na ciencia da computación e por importantes contribucións na verificación formal de programas e sistemas.
1997 38   Douglas Engelbart   Estados Unidos Por unha visión inspirada do futuro da computación interactiva e a invención de tecnoloxías chaves que axudaron a realizar esta visión.
1998 39   James Gray Por contribucións na investigación de banco de datos, proceso de transaccións e lideranza técnica na aplicación de sistemas.
1999 40   Fred Brooks Por contribucións marcantes na arquitectura de computadores, sistemas operacionais, e enxeñaría de software.
2000 41   Andrew Chi-Chih Yao   China En recoñecemento pola súa contribución fundamental na teoría da computación, incluíndo a teoría (complexity-based) da xeración de números pseudoaleatorios, criptografía, e complexidade da comunicación.
2001 42   Ole-Johan Dahl   Noruega Por ideas fundamentais no surximento da programación orientada ao obxecto, por medio do proxecto das linguaxes de programación Simula I e Simula 67.
43   Kristen Nygaard
2002 44   Ronald Rivest   Estados Unidos Pola súa enxeñosa contribución en facer uso práctico da criptografía de chave pública.
45   Adi Shamir   Israel
46   Leonard Adleman   Estados Unidos
2003 47 Alan Kay Polo pionerismo en moitas das ideas da raíz das actuais linguaxes de programación orientadas a obxecto, liderando o grupo que desenvolveu o Smalltalk, e por contribucións fundamentais para a computación persoal.
2004 48   Vint Cerf Polo traballo pioneiro en internetworking, incluíndo o proxecto e posta en marcha do TCP/IP , protocolo de comunicación base da Internet, e por inspirar lideranza no traballo de rede.
49   Robert Kahn
2005 50   Peter Naur   Dinamarca Pola contribución fundamental no proxecto das linguaxes de programación e definición do Algol 60, e proxecto de compilador, a na arte e práctica da programación de computadores.
2006 51   Frances Allen   Estados Unidos Pola contribución que aumentou o desempeño dos programas de computador resolvendo problemas, e acelerando o uso de computación de alto desempeño.
2007 52   Edmund Clarke Polo desenvolvemento do Model Checking (Verificación de modelos) nunha efectiva verificación tecnolóxica, largamente utilizada nas industrias de hardware e software.
53   Ernest Allen Emerson
54   Joseph Sifakis   Grecia
2008 55   Barbara Liskov   Estados Unidos Polas contribucións prácticas e teóricas nos fundamentos da linguaxe de programación e proxecto de sistemas, especialmente relacionadas coa abstracción de datos, tolerancia a faltas, e computación distribuída.
2009 56   Charles P. Thacker   Estados Unidos Pola súa contribución ó desenvolvemento de Alto, o primeiro ordenador persoal, así como de Ethernet e o Tablet PC.
2010 57   Leslie Valiant   Reino Unido Polas súas transformadoras contribucións á teoría da computación, incluíndo a teoría do aprendizaxe probable, aproximadamente correcto, a complexidade da enumeración e da computación alxébrica, e teorías da computación paralela e distribuída.
2011 58   Judea Pearl   Estados Unidos
  Israel
Polas súas contribucións fundamentais á intelixencia artificial a través do desenvolvemento dun cálculo de probabilidades e de razoamento causal.
2012 60   Silvio Micali   Italia
  Estados Unidos
Polo seu traballo que sentou as bases teóricas da ciencia da criptografía e novos métodos para o control eficaz das probas matemáticas na teoría da complexidade computacional.
61   Shafi Goldwasser   Estados Unidos
  Israel

Ligazóns externasEditar