Portal:Vigo/Artigo destacado/Arquivo

Aquí están todos os artigos destacados no portal Vigo:

1 editar

O Real Club Celta Baloncesto, coñecido por motivos de patrocinio como Real Club Celta Zorka é un club de baloncesto femenino con sede na cidade de Vigo. O club foi fundado no verán de 1996 logo da adquisición da praza do Juventud Astur (Aucalsa) de Oviedo. Xa no ano da súa fundación o equipo conseguiu o seu primeiro título nacional, a Copa Galicia.

O Real Club Celta Baloncesto é o equipo de baloncesto máis laureado de Galiza, tanto en categoría masculina como na feminina, e é un dos equipos máis laureados do baloncesto feminino español aínda en funcionamento. O club gañou a Liga Feminina (LF) en cinco ocasións (conseguindo tamén seis subcampionatos), tamén gañou catro veces a Copa da Raíña (amáis de conseguir cinco subcampionatos), por outra banda conseguiu 12 campionatos da Copa Galicia, sendo o equipo máis laureado da competición.

Logo de competir durante boa parte da súa historia na máxima categoría do baloncesto feminino español (a LF), na tempada 2011-12 descendeu á segunda categoría, a LF-2, na que compite dende a tempada 2012-13.


2 editar

O Consorcio da Zona Franca de Vigo é unha institución pública creada en 1947 para potenciar o comercio internacional e o desenvolvemento económico desde o sur de Galicia. Na súa área loxística de Bouzas, situada no porto de Vigo, xestiona unha zona franca con todas as súas vantaxes para a importación e a exportación.

O Consorcio está integrado polo Concello de Vigo, a Deputación de Pontevedra, a Cámara de Comercio, a Autoridade Portuaria e o Goberno de España, quen nomea o Delegado/a Especial do Estado en Consello de Ministros e segundo a proposta do Ministerio de Facenda.

A actual delegada do Estado é a pontevedresa Teresa Pedrosa, que preside as reunións mensuais do Comité Executivo, órgano encargado da xestión, administración e dirección desta institución pública. A Presidencia do Consorcio correspóndelle á Alcaldía de Vigo, sendo ocupada dende 2007 por Abel Caballero.


3 editar

Portal:Vigo/Artigo destacado/3

4 editar

Portal:Vigo/Artigo destacado/4

5 editar

Portal:Vigo/Artigo destacado/5

6 editar

Portal:Vigo/Artigo destacado/6

7 editar

Portal:Vigo/Artigo destacado/7

8 editar

Portal:Vigo/Artigo destacado/8

9 editar

Portal:Vigo/Artigo destacado/9

10 editar

Portal:Vigo/Artigo destacado/10