Portal:Historia/Efemérides destacadas/3 de abril
- 1367, nace Henrique IV, rei de Inglaterra e Señor de Irlanda.
- 1922, Iosif Stalin convértese no Secretario Xeral do Partido Comunista da Unión Soviética, cargo que ocuparía ata 1952.
- 1930, nace Helmut Kohl, chanceler de Alemaña.
- 1948, o presidente estadounidense Harry S. Truman asina o plan Marshall, autorizando 5 billóns de dólares de axuda a 16 países europeos, que tiñan como obxectivo frear o avance do comunismo.
- 1979, en Galiza teñen lugar as primeiras eleccións municipais democráticas despois do franquismo.
- 2004, os terroristas islamitas involucrados no 11-M inmólanse durante o asalto dos Geos ao seu piso en Madrid.