Portal:Estonia/Cabezallo
Estonia ( Os estonianos son un pobo fínico etnicamente vencellado aos finlandeses e aos saamis. O país ten ademais vencellos culturais e históricas cos países nórdicos, particularmente con Finlandia, a Suecia e Dinamarca. A lingua estoniana forma parte das linguas ugrofinesas grupo que comparte co finés e o húngaro, aínda que difire moito deste. Xunto co finés, o húngaro e o maltés, o estoniano forma o grupo de linguas oficiais da Unión Europea que non teñen orixe indoeuropea. Durante séculos os estonianos viviron baixo o dominio doutros pobos que ocuparon a súa terra. A noción de país chegou bastante tarde para os estonianos, apenas na metade do século XIX, cun forte crecemento cultural unido ao crecemento da poboación urbana, e á industrialización do país, que favoreceu a unión dos estonianos e ao movemento nacionalista, resultando nun Estado independente, establecido en 1917. |