Portal:Ballet/Personalidade destacada/3

Tamara Platonovna Karsavina (en ruso Тамара Платоновна Карсавина), nada o 10 de marzo de 1885 en San Petersburgo (actualmente en Rusia e daquela no Imperio Ruso) e finada o 26 de maio de 1978 en Beaconsfield (Inglaterra), foi unha bailarina rusa. Despois de instalarse en Hampstead (Inglaterra), comezou a ensinar ballet profesionalmente e foi recoñecida como un dos fundadores do ballet británico moderno. Participou na creación do Royal Ballet e foi un dos membros fundadores da Royal Academy of Dance.

Karsávina era filla do bailarín principal do Ballet Imperial e instructor na Escola Imperial de Ballet Platon Konstantinovich Karsavin. Tras formarse na Escola Imperial converteuse na bailarina principal do Ballet Imperial e tras deixar Rusia e instalarse en Londres, Karsávina seguiu a colaborar cos Ballets Russes de Sergei Diagilev en París, formando parella con Vatslav Nizhinskii. En 1931 puxo fin á súa carreira, pasando a adicarse ao ensino da danza ata 1955.