Portal:Anarquismo/Biografía destacada/2

William Godwin, nado o 3 de marzo de 1756 e finado o 7 de abril de 1836, fillo dun pastor disidente, foi un escritor político e polígrafo británico, considerado como un dos máis importantes precursores das escolas anarquista e utilitarista. Foi tamén célebre polas mulleres da súa vida. Casado con Mary Wollstonecraft, escritora feminista, en 1797, tiveran unha filla, Mary Wollstonecraft Godwin, máis coñecida como Mary Shelley, que escribiu Frankenstein ou o moderno Prometeo.

Godwin volveuse recoñecido decontado co libro The Inquiry concerning Political Justice, and its influence on General Virtue and Happiness (1793), citado con frecuencia abreviadamente como Political Justice (Xustiza Política), obra en dous volumes, que acadou varias edicións ata mediados do XIX, en pleno fervor revolucionario.

Godwin preludia os principios do anarquismo, mais só indica vías pacíficas, baseadas na razón e no saber, para a instauración da nova sociedade.