O Port Vell (Porto Vello) é a parte máis antiga do Porto de Barcelona, na cidade de Barcelona, España. É onde naceu o porto artificial de Barcelona, con máis de dous mil anos de tradición. Sepárao do mar unha escollera, ata hai pouco un dos lugares predilectos de lecer popular da cidade.

Actualmente as instalacións do Port Vell están destinadas a embarcacións deportivas como o peirao do depósito e o peirao da Barceloneta. Tamén na parte central pódese atopar unha zona dedicada ao uso comercial, coñecido como o Maremagnum.

Hai unha parte do porto tamén reservada aos cruceiros.

Orixes do porto

editar

Ao redor do século IV a.C. Barcelona foi ocupada polos laietanos. Unha tribo dos iberos que habitaban a costa entre os ríos Llobregat e Tordera. Barkeno, en Montjuïc, foi o seu principal asentamento. Esta xente comerciaba coa colonia grega de Empúries, construíron grandes superficies de cereais para este fin.

No século I, os romanos fundaron a colonia de Barcino, no Monte Tàber. A primeira actividade portuaria no lado norte de Montjuïc.

A cidade e as súas actividades marítimas comezaron a florecer realmente e ampliar cando as paredes da cidade de Barcino construíronse logo da invasión dos bárbaros en 263.

 
O Port Vell

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar