Pontevea, Reis, Teo

lugar da parroquia de Reis, no concello de Teo

Coordenadas: 42°45′42″N 08°32′48″O / 42.76167, -8.54667

Pontevea é un lugar da parroquia de Reis, no concello de Teo, na comarca de Santiago. Segundo o IGE en 2009 tiña 147 habitantes (82 homes e 65 mulleres), o que supón un aumento respecto ao ano 1999 cando tiña 125 habitantes.

Pontevea
Ponte medieval de Pontevea, Teo.jpg
Ponte de Pontevea con Pontevea ao fondo.
ParroquiaReis
ConcelloTeo
Poboación168 hab. (2017)

PatrimonioEditar

A ponte de Pontevea é unha construción do século XV quue cruza o río Ulla, unindo as provincias de Pontevedra e A Coruña. Ten seis arcos con bóvedas oxivais de transición do románico ao gótico: tres deles semicirculares e outros tres lixeiramente apuntados. Os vértices suavizan a presión das augas.

Foi reformada en varias ocasións, a última na década de 1990, por mor dos danos sufridos en inundacións e na Guerra da Independencia. A finais do século XX construíuse outra ponte paralela.

A burga de Pontevea está a carón da ponte nova sobre o Ulla. É unha fonte cun cano que dá a un estanque circular. Un párroco, coñecedor das propiedades das augas, mandou construír unha casa de baños (actualmente en ruínas), e unha fonte e unha piscina a carón dela para que a xente pobre tamén se puidese beneficiar delas. Porén, coa morte do crego unha familia da zona fíxose cargo da burga e quixo privatizala, mais o pobo presentou un preito pola propiedade do manancial e gañouno. Tempo despois, a instalación do oleoduto Vigo-A Coruña a 20 metros cortou a veta que abastecía a fonte, mais a presión veciñal provocou a restitución do manancial.

As súa augas son sulfuradas -cloruradas sódicas-, e saen a uns 15 °C cun caudal moderado. Son usadas nas afecciones reumáticas, da pel, doenzas dos ollos, e como bebida para as do fígado.

Galería de imaxesEditar

Lugares e parroquiasEditar

Lugares de ReisEditar

Lugares da parroquia de Reis no concello de Teo (A Coruña)

Chao do Río | Coira | O Ferreiriño | A Freiría | Freixeiro | A Igrexa | Montecelo | Olveira | O Outeiro | Pazos | O Piñeiro | Pontevea | A Ribeira | Samar | Valiñas | Vieiro | Xermeade

Parroquias de TeoEditar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Teo

Bamonde (Santa María) | Cacheiras (San Simón de Ons) | Calo (San Xoán) | Lampai (Santa María) | Lucí (Santa Mariña) | Luou (Santa María) | Oza (Santa Baia) | Rarís (San Miguel) | Recesende (San Xoán) | Reis (San Cristovo) | Teo (Santa María) | Vilariño (San Tomé)