Ponte de La Salve

ponte da cidade de Bilbao

Coordenadas: 43°16′10″N 2°55′54″O / 43.26937778, -2.93180278

A ponte de La Salve[1] (Salbeko Zubia en éuscaro) é unha ponte da cidade biscaíña de Bilbao sobre a ría homónima. Até 2016 denominouse ponte Príncipes de España.[2]

Ponte de La Salve
Pórtico "Arcos Vermellos" de Daniel Buren sobre a ponte de La Salve.
Localización
RíoRía de Bilbao
CidadeBilbao
PaísEspaña España
Características

Historia editar

Recibe o nome de La Salve porque ao chegaren os barcos ao porto de Bilbao a través da ría, dende a zona da ponte divísase por primeira vez a virxe de Begoña. Alí os mariñeiros cantábanlle a Salve.[3]

Foi ideada a finais dos anos 60 para solucionar o problema do tráfico, que empezaba a saturar o norte da cidade. Obra do enxeñeiro Juan Batanero García-Geraldo, inaugurouse o 9 de xaneiro de 1972. Foi a primeira ponte de España con sistema de tirantes e unha das poucas con taboleiro metálico. Ten 23,5 metros de altura libre para o paso dos barcos.

Está dotado de ascensores desde a súa base na marxe dereita, na paraxe de La Salve, ao final do Campo Volantín. Mantidos polo concello, transportan 200.000 pasaxeiros ao ano e son gratuítos desde maio de 2008.[4]

Xunto á ponte, na marxe esquerda da ría, atópase o Museo Guggenheim. O seu arquitecto, Frank Gehry, quixo integrar neste a ponte en certo xeito. Para ese efecto, construíu no seu lado esquerdo (mirando desde o Campo Volantín, unha torre con escaleiras de acceso ao museo, o cal se atopa no lado dereito.

Pórtico editar

A finais de 2006 confirmouse o proxecto de construír un pórtico vermello ideado polo artista conceptual francés Daniel Buren. Foi o vencedor do concurso lanzado polo Museo Guggenheim en conmemoración do 10º aniversario da pinacoteca. A estrutura, Arcos vermellos (Arku gorriak), propuxo integrar aínda máis a ponte co museo adoptando as súas formas curvilíneas.[5]

En agosto de 2017 finalizou a restauración da obra, con motivo do 20º aniversario do museo.[6]

Notas editar

  1. Ayuntamiento de Bilbao (ed.). "Callejero" (PDF). Ayuntamiento de Bilbao - Bilboko Udala (en castelán). 
  2. "Julita Berrojalbiz da nombre desde este martes a una calle en Bilbao". El Mundo (en castelán) (Bilbao). 22 de marzo de 2016. Consultado o 3 de setembro de 2023. 
  3. Mujika, Jon (20 de setembro de 2020). "El puente de La Salve, el abrazo de amor junto a las aguas". Deia (en castelán) (Bilbao). Consultado o 3 de setembro de 2023. 
  4. Romero, M. (12 de marzo de 2008). "El ascensor de La Salve será gratuito, y quedan cuatro de pago en las calles". 20Minutos (en castelán). Consultado o 3 de setembro de 2023. 
  5. "Arcos rojos / Arku gorriak". Guggenheim Bilbao Museoa (en castelán). 
  6. "Finaliza la restauración de la obra «Arcos Rojos», en Bilbo". Gara (en castelán). 19 de agosto de 2017. Consultado o 4 de setembro de 2023.