Pomadasys incisus

Roncador

Cardume de roncadores fotografada en Tenerife (Illas Canarias).
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Actinopterygii
Orde: Perciformes
Familia: Haemulidae
Xénero: Pomadasys
Especie: P. incisus
Nome binomial
'Pomadasys incisus'
(Bowdich, 1825)[1]
Sinonimia

Anomalodon incisus
Dacymba bennetti
Orthopristis bennetti
Pomadasis bennettii
Pomadasys bennetti
Pomadasys bennettii
Pristipoma bennetti
Pristipoma ronchus

O roncador (Pomadasys incisus) é unha especie de peixe da familia dos hemúlidos e da orde dos perciformes.

Distribución xeográfica editar

Habita no Mediterráneo occidental e o Atlántico oriental, desde o Estreito de Xibraltar até Angola. Nas Baleares abunda máis na Baía de Palma.[2][3]

Morfoloxía editar

Os machos poden alcanzar os 50 cm de lonxitude total. O corpo é oval e comprimido lateralmente. A cabeza é grande, longa e corresponde a un terzo da lonxitude total. Os ollos son grandes. A boca é pequena e oblicua. Presenta unha fenda na aleta dorsal entre os raios duros e os brandos. As aletas pectorais encóntranse á mesma altura que as pélvicas. A aleta caudal é escotada. O dorso é amarelo con tons grises. O ventre é prateado. Ten unha mancha negra no opérculo.[2][4]

Hábitat editar

É demersal e mantense preto do litoral, até 50 m de profundidade, en fondos rochosos e areentos. Pode encontrarse en covas con fondos de area.[2]

Comportamento editar

É gregario e forma cardumes moi numerosos. Emite sons cando roza os ósos farínxeos, de xeito que a vexiga natatoria actúa como amplificador.[5]

Alimentación editar

Come invertebrados pequenos do bentos.[2]

Reprodución editar

A reprodución dáse no verán.[3]

Notas editar

  1. Bowdich, Sara L. 1825. "Fishes of Madeira": 121-125 e 233-238; T. E. Bowdich Excursions in Madeira and Porto Santo during the autumn of 1823, while on his third voyage to Africa; "Fishes of Madeira": i-xii + 1-278, 11 pls. + 10 pls. Londres.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 FishBase (en inglés)
  3. 3,0 3,1 Mas Ferrà, Xavier e Canyelles Ferrà, Xavier: Peixos de les Illes Balears. Plana 165.
  4. Mas Ferrà, Xavier e Canyelles Ferrà, Xavier: Peixos de les Illes Balears. Editorial Moll, Palma de Mallorca, maio de 2000. Manuals d'introducció a la naturalesa 13, Plana 164. ISBN 84-273-6013-4
  5. Mas Ferrà, Xavier e Canyelles Ferrà, Xavier: Peixos de les Illes Balears. Planes 164-165.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Helfman, G., B. Collette e D. Facey: The diversity of fishes. Blackwell Science, Malden, Massachusetts, U.S.A. 1997.
  • Moyle, P. e J. Cech.: Fishes: An Introduction to Ichthyology, 4a. edición, Upper Saddle River, New Jersey, U.S.A.: Prentice-Hall. 2000.
  • Nelson, J.: Fishes of the World, 3a. edición. New York, U.S.A.: John Wiley and Sons. Ano 1994.
  • Roux, C., 1990. Haemulidae. p. 783-788. A J.C. Quero, J.C. Hureau, C. Karrer, A. Post e L. Saldanha (eds.) Check-list of the fishes of the eastern tropical Atlantic (CLOFETA). JNICT, Lisboa; SEI, París; e UNESCO, París. Vol. 2.
  • Wheeler, A.: The World Encyclopedia of Fishes, 2a. edición, Londres: Macdonald. 1985.

Ligazóns externas editar