Os vepsios[4] son un pobo que fala a lingua vepsia, unha lingua urálica. Eles chámanse a si mesmos vepslaine, bepslaane, lüdinik e lüdilaine. Os pobos nomeados na crónica de Xordanes (século IV) como vas e vasina poden ser os vepsios. No século IX as crónicas rusas os chaman Весь (ves), e no século X os árabes visu. A etimoloxía da palabra vepsios é escura. Antigamente, nas fontes rusas, os vepsios, votos e estonianos, eran nomeados chud. No século XIX, algúns lingüistas fineses tíñanse referido aos vepsios co nome chud. En ruso actual os vepsios son chamados chukhars ou chukhnas.

Pobo vepsio
Poboación
Poboación total:
Total: ~6 000
Rexións principais:
Rusia Rusia5 936 (2010)[1]
Ucraína Ucraína281 (2001)
Estonia Estonia54 (2001)[2]
Belarús Belarús8 (2009)[3]
Aspectos culturais
LinguaRuso e vepsio
RelixiónCristianismo ortodoxo
Grupos
relacionados
Outros pobos fino-úgricos

Territorio editar

  • Vexa o artigo principal: Vepsia

Hoxe o hábitat dos vepsios atópase entre os lagos Ladoga, Äänisjärv (Îíåãà) e Valgjärv (Áåëîå îçåðî), onde viven en tres grupos separados.

Poboación editar

Foron censados en 25.284 en 1897. Aumentaron a 32.773 no censo soviético de 1926, e se mantiñan en 32.000 no de 1939. Baixaron drasticamente a 16.400 no de 1959 e a 8.281 no de 1970. Aínda baixarían a 8.094 no de 1979. Segundo o censo soviético de 1989 había 12.100 vepsios rexistrados, dos cales 5.945 vivían en Carelia e 4.273 en Vologda.

Historia editar

 
Bandeira dos vepsios.

Os montículos funerarios de entre o 950 e o 1100 amosan que xa vivían en Carelia, onde se dedicaban ao comercio de peles ao longo do Volga e dos afluentes orientais. En 1075 Adam de Bremen falaba dos wizzi, e o monxe Nestor dos "ves" na súa crónica.

Contacto cos rusos editar

A invasión eslava das terras dos vepsios acaba coa supremacía de Novgorod. En 1485, foron anexados ao Principado de Moscova. A constante expansión dos asentamentos rusos reduciulles a pequenas illas illadas. A chegada dos rusos aos tributarios dos Süväri e Jüvenjoe, dividiron aos vepsios setentrionais da zona oriental, os lude. Os asentamentos rusos dominaron os territorios dos äänis-vepses entre os séculos XIV e XV. Tamén acelera a súa extinción a deterioración ambiental (o espolio dos bosques á beira do río Oyat), a cristianización forzada e a rusificación nas escolas (San Petersburgo era a capital do Imperio Ruso). Pero o máis devastador foi o réxime soviético.

A política soviética editar

O século XX supón o seu despertar nacional, que recibe o apoio oficial soviético: 24 unidades administrativas con status de vilas nacionais, parte delas unidas a dous distritos nacionais, Vidla, en Leningrado e Shoutjärve na Carelia. Fúndanse escolas de vepsio e crease unha lingua escrita baseada no dialecto Central-Vepsio, a cargo dun departamento de minorías estabelecido en Leningrado, e foi nomeado un Comité polo Novo Alfabeto, baseado no latino.

En 1932 imprímese o primeiro libro, e se van facer 30 máis, xeralmente libros de texto, polos pedagogos M. Hämäläinen e F. Andreyev, de tal xeito que en 1934 as escolas vepsias xa tiñan material. 60 veps iniciaron estudos de maxisterio en Lodeynoye Polye. O finés foi escollido como lingua escolar polos de Äänisjärve (Carelia). Pero en 1937 iníciase unha política de opresión das minorías. Prohíbense tódalas actividades culturais nacionais, e comeza a política de asimilación: peche de escolas, libros queimados, mestres á cadea, e algúns intelectuais foron asasinados (entre eles o etnógrafo Stepan Makaryev). Os distritos nacionais foron abolidos (en Leningrado en 1939, na Carelia en 1957) e divididos entre a RSSA de Carelia e as rexións de Leningrado e Vologda. Tamén en 1937, as vilas nacionais vepsias van a perder o seu estatuto. Os vepsios de Shimjärve abandonaron os seus lares e asentáronse en Äänisjärve. Isto lévaos practicamente á extinción (infraestruturas desintegradas, traballos, comunicacións etc). Durante a segunda guerra mundial, os fineses ocuparon a área dos Äänis-Vepsios e tentaron "finesizar" a educación. Algúns voluntarios uníronse ao exército finés. Logo da retirada finesa foron branco das iras soviéticas, que os acusaron de colaboración.

Logo da guerra editar

Na posguerra os mozos vepsios emigran masivamente ás cidades, cousa que facilita a súa rusificación e que se reflicte nos censos de 1970 e 1979. Nos censos e rexistros soviéticos a súa nacionalidade foi minorizada, e moitos cambiábana por medo ou por vergoña. En 1983, por iniciativa académica, fíxose unha enquisa que cifrou en 13.000 o número de vepsios na URSS, 5.600 en Carelia, 4.000 en Leningrado e uns 1.000 en Vologda.

Situación actual editar

Nas vilas vepsias hai pouca mocidade, e a maioría de falantes de vepsio teñen máis de 40 anos. Dende 1930 teñen enviado colonos á área dos äänis-vepsios, e teñen reducido a súa porcentaxe alí ao 50%; nas dúas vilas de Shoutjärve son case minoría. Os emigrados e os seus fillos perden a nacionalidade. En 1983 o Distrito Nacional de Äänisjärv (Carelia) foi restablecido pero calquera aspiración de unificalos administrativamente topa coa oposición rusa. En 1989 creouse unha Sociedade Cultural Vepsia, coa idea de despertar o sentimento de identidade, e incrementar o respecto polo lingua, cultura e historia propias. Pero non teñen apoio ningún por parte das autoridades, e a súa lingua tan só é ensinada, de modo opcional, na escola de Shoutjärve (Carelia).

Notas editar

  1. "Russian census 2010". Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2020. Consultado o 26 de xaneiro de 2017. 
  2. Population of Estonia by ethnic nationality, mother tongue and citizenship
  3. "Население по национальности и родному языку" [Population by nationality and mother language] (PDF). Перепись населения Республики Беларусь 2009 года (en ruso). Нацыянальны статыстычны камітэт Рэспублікі Беларусь. 12 de agosto de 2010. 
  4. Definición de vepsio, -a no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar