Pobo nivkh

Grupo étnico

Os nivkh (tamén chamados nivkhi ou gilyak, нивхгу - Nivxgu) son un grupo indíxena que habita na metade norte da illa de Sakhalin e nas rexións do estuario do río Amur no Krai de Khabarovsk, en Rusia. Os nivkh foron tradicionalmente pescadores, cazadores e criadores de cans . Eran semi-nómades, vivindo preto das costas no verán e no interior durante o inverno, a carón de ríos e regatos para capturar salmóns. A terra que habitan os nivkh caracterízase polo bosque de taiga con invernos fríos e nevados e veráns suaves.[3] Crese que os nivkh son os habitantes orixinais da rexión, que evolucionaron dende o neolítico a partir da poboación que migrou dende a rexión Transbaikal durante o plistoceno superior.[4]

Pobo nivkh
Homes nivkh, en 1902.
Poboación
Poboación total:
5 800 (estimado)
Rexións principais:
Rusia Rusia4 652[1]
Ucraína Ucraína584[2]
Aspectos culturais
LinguaLingua nivkh
RelixiónXamanismo, Igrexa Ortodoxa Rusa
Grupos
relacionados
grupo étnico illado
Asentamentos con poboación nivkh segundo o censo ruso de 2002 (excluíndo Khabarovsk, Poronaysk e Yuzhno-Sakhalinsk).

Os nivkh sufriron fortemente por mor das influencias dos estranxeiros, primeiro coas migracións de pobos tungús. Posteriormente, a dinastía Qing da China obrigou ós nivkh a pagarlles un tributo. Entre 1850 e 1860, os cosacos anexionaron e colonizaron as terras nivkh, onde son unha pequena minoría no presente.[5][6] Hoxe en día, os nivkh viven en casas segundo o estilo ruso, e por mor da sobreexplotación do mar e a contaminación dos ríos, adoptaron moitas comidas da gastronomía de Rusia. Os nivkh practican o xamanismo e é especialmente relevante para eles o Festival do Oso durante o inverno. Porén, algúns téñense convertido á Igrexa Ortodoxa Rusa.[7]

Segundo o censo da Federación Rusa de 2002, hai 5 287 nivkh. A maioría fala ruso, e arredor dun 10 por cento fala a súa lingua nivkh. A lingua nivkh está considerada unha lingua illada, malia que está clasificada, por conveniencia, entre as linguas paleosiberianas. A lingua nivkh está dividida en catro dialectos.[8]

Notas editar

  1. Russian Census 2010: Population by ethnicity (en ruso)
  2. Ukrcensus.gov.ua[Ligazón morta]
  3. Gall, pp.2-4
  4. Fitzhugh, William , and Durbreui pp.39,40
  5. Bassett, p.1
  6. Jesup Exhibition: " Culture: Nivkh (Gilyak)" Arquivado 12 de febreiro de 2008 en Wayback Machine. - American Museum of Natural History - New York, New York
  7. Chaussonnet, pp. 34,35
  8. Mattissen, p.515

Véxase tamén editar

Bibliografía editar