Pobo ieniseiano

etnia siberiana

Os ieniseianos son un pobo de Siberia.[1] O pobo ieniseiano habitou en tempos pasados gran parte de Siberia, partes do norte de Mongolia e da China. Formaron parte da Xiongnu, unha confederación de pobos nómades das estepas orientais distribuídos sobre todo ao longo do territorio da actual Mongolia; rexistros legados por Sima Qian mostran como xa desde o século III a. C. controlaban un vasto guó (estado ou territorio controlado por un líder ou soberano), e crearon polo menos unha dinastía chinesa.[2] Pero, hoxe en día, de todos aqueles pobos só perviven os ketas; os ketas modernos viven ao longo do tramo medio oriental do río Ienisei. Segundo o censo de 2010, había 1 220 ketas en Rusia.[3]

Un home ienisei-ostiaco (keta) en Rusia.

Historia editar

 
O khaganato Rouran.
 
Zhao posterior (gris claro) coa su capital, Ye.

Non se sabe moito sobre a historia do pobo ieniseiano. Segundo varios historiadores, os ieniseianos formaban parte da Xiongnu e, posibelmente eran a elite gobernante desta confederación. Tamén se suxire que xogaron un papel importante entre os hunos, na Xiongnu e no posterior khaganato Rouran (330-555), e que os mesmos rouran eran de orixe ieniseiana.[2][4][5][6]

O pobo jie, un grupo ieniseiano, creou a dinastía Zhao posterior e conquistou partes do norte da China. Despois dun tempo foron derrotados e asimilados na súa maioría á sociedade han.[7]

Ao igual que o pobo jie, a maioría dos outros grupos ienienanos, exclíndo aos ketas a ao pobo yugh, asimiláronse a outras etnias. Na súa maioría, pobos turcos e mongois substituíron e asimilaron aos ieniseianos.[8]

Os últimos superviventes, o pobo keta, foron conquistados polos rusos e hoxe son un grupo minoritario recoñecido en Rusia.

Algúns autores suxiren tamén que os ienisenianos están directamente relacionados cos pobos indíxenas de América. Especialmente, os pobos na-dené moitas veces se asegura que están vinculados a eles.[9]

Lingua editar

Artigo principal: Linguas ieniseianas.

A das linguas ieniseianas é unha familia lingüística en perigo de extinción, cunha soa rama sobrevivente, a lingua keta, que tiña tan só uns 213 falantes nativos no ano 2010. A vila de Kellog, en Rusia, é o único lugar onde o keta aínda se ensina nas escolas. Aos alumnos subminístranselle libros especiais para os graos de segundo a cuarto, pero despois deses graos só hai bibliografía rusa para estudar a cultura keta.[10] A día de hoxe, non se coñecen falantes monolingües.[11]

Xenética editar

Os ieniseianos están estreitamente relacionados con outros siberianos, asiáticos orientais e cos pobos indíxenas de América. Son unha poboación mongoloide e pertencen na súa maioría exclusivamente ao haplogrupo Q-M242 do cromosoma Y humano (ADN-Y).[12]

Segundo un estudo recente, o pobo keta e outros ieniseianos orixináronse probabelmente nalgún lugar preto das montañas Altai ou do lago Baikal. Moitos deles asimiláronse a pobos turcos de hoxe. Suxírese que os altais son ​​predominantemente de orixe ieniseiana e estreitamente relacionados co pobo keta. Outros grupos túrquicos siberianos tamén asimilaron moito ao pobo ieniseiano. O pobo keta tamén está intimamente relacionada con varios grupos de nativos americanos. Segundo este estudo, os ieniseianos están ligados a grupos paleo-esquimós.[13]

Notas editar

  1. ieniseiano -na Arquivado 31 de marzo de 2019 en Wayback Machine., 2 acep., en Digalego.
  2. 2,0 2,1 Beckwith, Christopher I. (2009): Empires of the Silk Road: A History of Central Eurasia from the Bronze Age to the Present. Princeton, Nova Jersey, USA: Princeton University Press. ISBN 978-0-6911-3589-2.
  3. Vajda, Edward J. "The Ket and Other Yeniseian Peoples". Arquivado dende o orixinal o 06 de abril de 2019. Consultado o 31 de marzo de 2019. 
  4. Vajda, Edward J. 2013.
  5. Vovin, Alexander (2010): Once Again on the Ruan-ruan Language. Ötüken’den İstanbul’a Türkçenin 1290 Yılı (720–2010) Sempozyumu From Ötüken to Istanbul, 1290 Years of Turkish (720–2010). 3–5 Aralık 2010, İstanbul / 3–5 December 2010, İstanbul: 1–10.
  6. Vovin Aexander (2007): "Once again on the etymology of the title qaγan". Studia Etymologica Cracoviensia 12: 177-187.
  7. Vovin, Alexander (2000). "Did the Xiongnu speak a Yeniseian language?". Central Asiatic Journal 44 (1): 87–104. JSTOR 41928223. 
  8. Taskin, V. S. (1990): Цзе [Jie]. Материалы по истории кочевых народов в Китае III-V вв. [Materials on the history of nomadic peoples in China. 3rd–5th cc. AD] (en ruso). Moscova: Nauka. ISBN 5-0201-6543-3.
  9. Comrie, Bernard (2008). Why the Dene-Yeniseic Hypothesis is Exciting. Dene-Yeniseic Symposium. Fairbanks and Anchorage, Alaska. 
  10. Kryukova, Elena (2013). "The Ket Language: from descriptive linguistic to interdisciplinary research". Tomsk Journal of Linguistics & Anthropology 1: 39. 
  11. Vajda, Edward J. (2006). Loanwords in the World's Languages: a Comparative Handbook. Berlin: De Gruyter Mouton. pp. 471–500. 
  12. Karafet, Tatiana M.; Osipova, Ludmila P.; Gubina, Marina A.; Posukh, Olga L.; Zegura, Stephen L.; Hammer, Michael F. (2002). "High Levels of Y-Chromosome Differentiation among Native Siberian Populations and the Genetic Signature of a Boreal Hunter-Gatherer Way of Life". Human Biology 74 (6): 761–789. doi:10.1353/hub.2003.0006. 
  13. Flegontov, Pavel; Changmai, Piya; Zidkova, Anastassiya; Logacheva, Maria D.; Altınışık, N. Ezgi; Flegontova, Olga; Gelfand, Mikhail S.; Gerasimov, Evgeny S.; Khrameeva, Ekaterina E. (2016-02-11). "Genomic study of the Ket: a Paleo-Eskimo-related ethnic group with significant ancient North Eurasian ancestry". Scientific Reports 6: 20768. Bibcode:2016NatSR...620768F. PMC 4750364. PMID 26865217. arXiv:1508.03097. doi:10.1038/srep20768. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Vajda, Edward J. (2013): Yeniseian Peoples and Languages: A History of Yeniseian Studies with an Annotated Bibliography and a Source Guide. Londres, Reino Unido: Routledge. ISBN 978-1-1368-3740-1.

Outros artigos editar